Se tes unha visión emprendedora realista, loitadora, creativa, vangardista, imaxinativa, innovadora, construtiva, soñadora, calculadora... Non importa cal sexa a túa visión, todas poden ser oportunidades empresariais.
Tes unha cita o dia 19 de Maio de 2009 na IV edición do Dia do Emprendedor de Galicia, onde poderás coñecer outros emprendedores, expertos, institucións e empresas. Nestes momentos de crise, para emprender é necesario establecer contactos, compartir coñecementos e intercambiar experiencias.
O Día do Emprendedor 2009 parte da túa visión emprendedora para descubrir novas oportunidades de negocio, axudarte a innovar, atopar novos mercados ou analizar opcións de financiamento.
Máis de 2.200 persoas asistiron á última edición. Na presente edición estamos preparando un programa no que atoparás:
- Espazos de Coñecemento. Relatorios, talleres e mesas redondas sobre:- Oportunidades de Negocio
- Innovación
- Financiamento
- Novos Mercados. Internacionalización
- Cara a Cara. Asesoramento e Entrevistas con expertos, empresarios e emprendedores.
- Creación de Empresas e Autoemprego
- Innovación e Novas tecnoloxías
- Financiamento
- Internacionalización
- Espazos de información temáticos.
- Innovación
- Financiamento
- Formación
- Viveiros
- Internacionalización
- Tecnoloxía
Xa podes consultar relatorios, talleres e mesas redondas, así como os seus relatores, que van participar no Día Emprendedor de Galicia 2009.












Director de Operacións da Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e Ourense, SOGARPO, S.G.R.

















