A creación dunha nova empresa a través da información, as ideas e o apoio Imprimir
21/04/2008
O Igape e BIC Galicia promoven o III Día Galego do Emprendedor, destinado a ofrecer información, ideas e apoio para a creación dunha empresa
 
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, organismos dependentes da Consellería de Economía e Facenda, están a rematar os preparativos para a que será a terceira edición do Día Galego do Emprendedor. O evento reunirá o vindeiro 15 de maio a emprendedores e empresarios de toda Galicia no Palacio de Congresos de Santiago. Na organización da xornada colaboran tamén outras consellerías da Xunta de Galicia, así como organizacións de carácter empresarial e as universidades galegas.
  
Esta xornada enmárcase na campaña nacional “Emprendemos Juntos” da Dirección Xeral de Política da PEME do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Esta terceira edición estase a desenvolver baixo o lema “A túa idea, a túa empresa”, co que se pretende transmitir que unha idea pode desencadear nun proxecto empresarial viable, destinado a favorecer o crecemento económico e social da comunidade na que se asenta.
 
PDF