Cine do emprendedor (2º Pase) Imprimir
21/04/2008

O Obxectivo desta actividade é analizar e experimentar as diferentes etapas e retos aos que se enfronta un emprendedor, por medio dun elemento visual: O CINE. 

Así, explicaranse as emocións, as dúbidas, os temores e as habilidades que hai que ter para sacar adiante un proxecto de vida: a túa propia empresa. 

Para iso, por medio de diferentes cortes de películas famosas, iranse visualizando todos os conceptos que se queren compartir. Cada un deses cortes, representa un aspecto, un matiz, unha emoción que todo emprendedor vivirá tarde ou cedo.
 

As mensaxes que se pretenden transmitir con esta actividade son as seguintes: 

        › Descubrir o teu espírito empresarial: por que queres emprender o teu propio negocio? 

        › Tes un sono? É o teu proxecto, un proxecto "¡GUAU!"? 

        › Ser emprendedor, é un destino ou un rumbo? 

        › Emprendedor: un Ferrari coa roda pinchada 

        › Quen che roba a enerxía para emprender e quen confía en ti 

        › Como sobrepoñerse a un duro golpe 

        › Humildade: que a soberbia non nos invada no éxito 

        › O medo non existe. Como descubrilo? 

        › O que se precisa para triunfar: o modelo C.R.A.S. 

        › O día a día: o modelo V.E.A.C. 

        › Non importa como te sintes: só vale o traballo 

        › Descobre a túa forza interior 

 
Juan Ferrer
 
Image
 
Licenciado en Económicas e Empresariales (Universidade Complutense de Madrid). Master en Internacional Maritime Transport (Universidad de Cardiff. País de Gales. Reino Unido). Coach, formado no Instituto Internacional Olacoach, baixo a dirección de José Luis Menéndez (Madrid), Christian Worth (Reino Unido) e David Mathew (USA). Membro da ICF (Internacional Coach Federation), AECOP (Asociación Española de Coaching e Consultoría de Procesos), e ASESCO (Asociación Española de Coaching).
 
Desenvolveu a súa labor profesional no Banco Exterior de España (Londres. Reino Unido), director Financiero en Mampesca. Director-Xerente do Gabinete Literario e director de Sociopolis Desarrollo de Personas. Imparte distintos cursos de Formación en áreas de Coaching e Recursos Humanos, a entidades públicas e privadas, entre elas: Cámaras de Comercio, Conferederacións de empresarios, Asociacións empresariais, etc. Ademais, é autor do libro “Descubriendo con mi Coach” e colabora habitualmente con distintos xornais escribindo artigos sobre Coaching e xestión de recursos humanos.