|
30/11/1999 |
|
Na organización do evento tamén participan unha serie de organismos públicos e privados co obxetivo de enriquecer o II Día do Emprendedor: o Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX), a Sociedade Estatal para el Desarrollo del Diseño y la Innovación (DDI), a Escuela de Negocios (EOI) e o Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), entre outros. Permitirán ós asistentes ver que trámites xurídicos se precisan para montar unha empresa, intercambio de ideas entre os emprendedores...
Lista de Colaboradores:
-
Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX). Trátase dun organismo dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Presta os seus servizos ás empresas españolas coa finalidade de impulsar e facilitar a súa proxección internacional. www.icex.es
-
Sociedad Estatal para el Desarrollo del Diseño y la Innovación S.A. (DDI). É unha sociedade anónima de capital público, adscrita ó Ministerio de Industria, a través da Dirección Xeral de Política da Pequena e Mediana Empresa (DXPPEME). O seu obxetivo céntrase na realización de accións de promoción e difusión do deseño e a innovación, ademais da sensibilización das PEMES para aumentar a súa competitividade. www.ddi.es
-
Escuela de Negocios (EOI). Encárgase da transmisión a directivos das novas técnicas de xestión e organización empresarial. Outro dos seus grandes retos en 50 anos de existencia foi o de fomentar o espírito emprendedor a través de programas de formación. www.eoi.es
-
Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI). Entidade pública dependente do Ministerio de Industria que promove a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas españolas, e neste caso galegas. www.cdti.es
|