Como saber se a miña idea é rendible Imprimir
21/04/2008
A miña idea é rendible? Esta é a pregunta que se fan todas as persoas emprendedoras nunha fase embrionaria. Non hai receitas máxicas para coñecer exactamente a viabilidade e rendabilidade dun proxecto, non obstante existen unha serie de técnicas que nos poden a¡xudar a clarificar dita pregunta.
 
En primeira instancia pode facerse unha análise sintética da viabilidade e rendabilidade do proxecto. Se a viabilidade xa é suficientemente satisfactoria, poden elaborarse algúns ratios tales como o previsible retorno da inversión no activo, o previsible retorno da inversión dos capitais investidos e incluso asociar o nivel de risco do proxecto empresarial. Neste obradoriro tratarase de resolver estas cuestións.
 
Relator:
 
Image
 
Xavier Soldevila Moliner
 
Diplomado en Ciencias dos Negocios por Management School. Máster en Ciencias dos Negocios por Management School. M.B.A. en ESADE (Escola Superior de Administración e Finanzas). Foi director de Planificación e responsable do Departamento de programación e Planificación de Recursos materiais. DREEFS IBÉRICA. Adxunto a xerencia e responsable do Departamento Financieiro- Contable. BRUSI, e director administrativo- financieiro. SUPER RIGO, S.A. Na actualidade é consultor do Área de Creación e Dinamización de Empresas.