| Cómo valorar o potencial dunha innovación |
|
| 21/04/2008 | |
|
Ante unha tecnoloxía punteira, a primeira reacción é "monta unha empresa e faite de ouro". E o pobre investigador/a lánzase ao abismo sen calcular os riscos, so e sen experiencia. Como podemos saber se unha tecnología interesa ao mercado, e se se poderá desenvolver a tempo? Como podemos protexela? Non hai alternativas á creación de empresa? Como poden os xeradores do coñecemento obter un retorno da inversión sen afogar á futura compañía? Nesta sesión abordaremos algunhas cuestións que debemos facernos antes de lanzarnos a unha iniciativa de empresa de base tecnolóxica.
Dedicou os últimos dez anos á innovación e transferencia de tecnoloxía e coñecemento nas súas diferentes expresións e dende diferentes ópticas. Traballou na administración pública autonómica definindo e executando políticas de apoio ás persoas emprendedoras e á innovación empresarial, analizando numerosos proxectos de emprendizaxe tecnolóxico. Traballou tamén nunha spin-off como xestor de proxectos de I+D e no CNM-CSIC como investigador. Foi profesor de organización empresarial e responsable do programa de emprendizaxe na UOC, e actualmente colabora na Universidade Politècnica de Cataluña (UPC) co Programa Innova de valorización da investigación. Colabora habitualmente con diferentes consultoras no ámbito da innovación tecnolóxica e social. Pere Losantos é doutor en Ciencias Físicas pola UAB e cursou diferentes cursos de posgrado en dirección de organizacións, xestión de coñecemento e propiedade intelectual e industrial. Relator:
![]() Pere Losantos estivo vinculado á innovación e al aprendizaxe tecnolóxico dende a universidade (UOC e UPC), a administración pública (CIDEM) e a empresa. Dende estes tres ámbitos que conforman o modelo de triple hélice analizou numerosos proxectos de base tecnolóxica, asesorou a persoas emprendedoras e colaborou na definición e execución de políticas de apoio ás persoas emprendedoras e á valorización e transferencia de tecnoloxía.
|


