Conselleria de Traballo Imprimir
09/05/2008

-Ángeles Lestón Mayo: xefa do Servizo de Planificación de Formación Ocupacional e Continua da Consellería de Traballo.

-Enrique Gómez Fernández: Técnico de Formación de BIC Galicia. 
 
Presentación da iniciativa conxunta da Consellería de Economía e Facenda, a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo, o IGAPE e BIC Galicia, denominada Empreocúpate.
 

Esta iniciativa consiste nun novo soporte para o que se coñece como «Módulo Ocupacional de Creación de Empresas», que é un Módulo transversal que se imparte nos cursos de formación ocupacional da Consellería de Traballo. É un soporte que tamén está preparado para sevir non só para formación ocupacional, senón que, en xeral, está pensado para a formación para o emprego.

 

Comentaranse as características e estrutura de este material que vai mais alá dun “soporte en papel” para o profesor e para o alumno, que sexa de utilidade só no momento de realizar o «Módulo Ocupacional» de forma exclusivamente presencial e que pretende achegar aos alumnos/as ao proceso de creación de empresas ou de calquera outra iniciativa emprendedora, dun xeito práctico e dinámico.  
 
A metodoloxía que se utilizará e tratará de transmitir, é un dos principais aspectos diferenciadores, deixando de ser expositiva, baseándose no traballo na clase, a través dunha serie de fichas e dinámicas que permiten ao alumno ir descubrindo de xeito claro e sinxelo o proceso de creación de empresas e diversos conceptos relacionados que é preciso destacar como ferramenta coa que construír unha sólida base de orientación posterior.  
 

Os materiais están deseñados para que calquera profesor poida impartir o módulo dotándoo de autonomía e capacidade para desenvolver a materia, independentemente da súa especialidade, contando sempre con soporte e contacto directo cos elaboradores dos contidos.