| Conselleria de Traballo |
|
| 09/05/2008 | |
|
-Ángeles Lestón Mayo: xefa do Servizo de Planificación de Formación Ocupacional e Continua da Consellería de Traballo. -Enrique Gómez Fernández: Técnico de Formación de BIC Galicia.
Presentación da iniciativa conxunta da Consellería de Economía e Facenda, a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo, o IGAPE e BIC Galicia, denominada Empreocúpate.
Esta iniciativa consiste nun novo soporte para o que se coñece como «Módulo Ocupacional de Creación de Empresas», que é un Módulo transversal que se imparte nos cursos de formación ocupacional da Consellería de Traballo. É un soporte que tamén está preparado para sevir non só para formación ocupacional, senón que, en xeral, está pensado para a formación para o emprego.
Comentaranse as características e estrutura de este material que vai mais alá dun soporte en papel para o profesor e para o alumno, que sexa de utilidade só no momento de realizar o «Módulo Ocupacional» de forma exclusivamente presencial e que pretende achegar aos alumnos/as ao proceso de creación de empresas ou de calquera outra iniciativa emprendedora, dun xeito práctico e dinámico.
A metodoloxía que se utilizará e tratará de transmitir, é un dos principais aspectos diferenciadores, deixando de ser expositiva, baseándose no traballo na clase, a través dunha serie de fichas e dinámicas que permiten ao alumno ir descubrindo de xeito claro e sinxelo o proceso de creación de empresas e diversos conceptos relacionados que é preciso destacar como ferramenta coa que construír unha sólida base de orientación posterior.
Os materiais están deseñados para que calquera profesor poida impartir o módulo dotándoo de autonomía e capacidade para desenvolver a materia, independentemente da súa especialidade, contando sempre con soporte e contacto directo cos elaboradores dos contidos.
|

