| Crear, reter e atraer o talento |
|
| 16/04/2008 | |
|
Crear, reter e atraer o talento
O talento defínese como poñer en valor o que un sabe facer e dispoñer de talento é a gran vantaxe competitiva das organizacións. A pesar da súa importancia, vivimos nun contorno no que esta capacidade é escasa , por iso non só cómpre atraer talento cara ás empresas, senón tamén fidelizalo. Nesta liña, na actualidade moitas organizacións sofren dunha rotación moi elevada e non desexada entre os seus profesionais, sobre todo debido ao absentismo emocional, considerado moi perigoso e que afecta, aínda que en distinta medida, ata ao 80% dos profesionais.
Juan Carlos Cubeiro é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais e en Dereito. Actualmente é Socio Director de Eurotalent, actividade que compaxina coa docencia como profesor de Liderado e Dinamización de Equipos na universidade de Deusto e de Estratexia e Xestión por Competencias en San Pablo-CEU e en ESADE. Se lle considera un dos maiores expertos españois en Talento, Liderado e Coaching. |

