| Día do Emprendedor 2006 |
|
| 30/01/2007 | |
|
O Día Galego do Emprendedor do ano 2006 celebrouse en Santiago de Compostela, concretamente o 23 de maio.
A penetración informativa alcanzada coa celebración do I Día Galego do Emprendedor foi moi significativa, tanto en prensa escrita coma en documentos audiovisuais e espertou o interese de case todos os medios informativos de Galicia, en especial, dos económicos.
A asistencia foi moi numerosa, xa que se alcanzou a cifra de 1.795 participantes, a maior parte deles emprendedores cunha idea empresarial e estudantes.
|

