| eBox Nacho Correas |
|
| 21/04/2008 | |
eBox é unha plataforma que permite xestionar todos os servizos de rede corporativos dunha forma sinxela, intuitiva e rápida. É un desenvolvemento aberto á comunidade de software libre que está crecendo de forma imparable. Contáronse máis de 40.000 descargas da plataforma en todo o mundo, e incluso Ubuntu, a distribución de Linux máis popular do momento, utilizará eBox. A empresa Warp é un exemplo claro (para os escépticos) de como se poden gañar cartos e crecer e innovar sen parar cun negocio 100% baseado en software libre.Nacho Correas é un emprendedor mozo, dinámico e apaixoado polos modelos de negocio con software libre e de desenvolvemento colaborativo. Enxeñeiro industrial pola Universidade de Zaragoza (España) e pola École Centrale de Lille (Francia), Nacho viviu case a metade da súa experiencia profesional no estranxeiro, principalmente en Finlandia, cuna dalgunhas das principais tecnoloxías abertas como Linux, MySQL e ssh. Foi precisamente neste país nórdico onde descubriu o software libre e toda a súa filosofía de desenvolvemento e, tras vivir tres longos invernos, decidiu volver a España para fundar a súa propia consultora sobre tecnoloxías abertas. Así, durante máis de tres anos, Nacho dirixiu o desenvolvemento de negocio de Warp Networks, que conta actualmente cunha plantilla de máis de 20 empregados e factura anualmente preto de 1M. Ademais de Warp, Nacho é cofundador de dúas empresas de inversión, ambas en activo, polo que coñece de primeira man a idiosincrasia do inversor. No mes de febreiro, Nacho fundou a súa cuarta empresa, eBox Technologies, creada para comercializar un produto de código aberto desenvolto dentro de Warp, pasando a dirixir o seu desevolvemto de negocio a partir de agora.
Resumo da ponencia Durante a ponencia repasaranse as traxectorias de dous proxectos emprendedores de perfís moi distintos, revisando os contextos nos que se xestaro, as dificultades atopadas, as decisións tomadas en cada un dos momentos críticos e os éxitos e fracasos recolleitos ata a data.
- Warp Networks, empresa especializada na consultoría e desenvolvemento sobre tecnoloxías de código aberto, comezou a seu camiño sen capital e sen proxectos pero cun excelente equipo humano. En tan só tres anos conseguiu posicionarse como unha das empresas informáticas máis destacadas de Aragón, cunha plantilla de máis de 20 empregados e unha facturación anual próxima a 1M. Ademais, Warp é partner de MySQL, sendo un dos poucos partners en Europa que ofrece servizos de formación avanzada certificada nesta base de datos.
- eBox Platform, proxecto libre para o desenvolvemento dun servidor para a administración sinxela de redes coorporativas, comezou orixinalmente como un desenvolvemento conxunto entre varias empresas aragonesas. Tras moitas idas e vidas e dificultades para atopar a financiación necesaria para o seu desenvolvemento, finalmente foi aprobado polo CDTI como proxecto NEOTEC dentro de Warp Networks. Actualmente, e tras máis de tres, eBox dispón dunha comunidade moi activa de máis de 300 persoas que aportan o seu feedback, atopan erros, traducen a interface a outros idiomas, crean novos manuais e documentación, desenvolven novos módulos
Dende a versión Hardy, recentemente publicada, eBox é paquete oficial de Ubuntu e espérase convertir na plataforma base para a versión de Ubuntu como servidor para PYMEs. En febreiro creouse unha nova empresa, spin-off de Warp, para a comercialización de servizos profesionais en torno a eBox, o que está atraendo a atención de numerosos investidores de Europa e Estados Unidos. |


eBox é unha plataforma que permite xestionar todos os servizos de rede corporativos dunha forma sinxela, intuitiva e rápida. É un desenvolvemento aberto á comunidade de software libre que está crecendo de forma imparable. Contáronse máis de 40.000 descargas da plataforma en todo o mundo, e incluso Ubuntu, a distribución de Linux máis popular do momento, utilizará eBox. A empresa Warp é un exemplo claro (para os escépticos) de como se poden gañar cartos e crecer e innovar sen parar cun negocio 100% baseado en software libre.