Eduardo Manchón, o cofundador da primeira empresa española adquirida por Google Imprimir
12/05/2008
O cofundador da primeira empresa española adquirida por Google, Eduardo Manchón, intervirá no apartado de software libre
 
Un dos itinerarios desta xornada xirará en torno a novos modelos de negocio, centrados en particular no ámbito do software libre. En colaboración coa Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol), estase a deseñar unha ampla oferta de actividades orientadas a un público novo, ao que se lle ofrecerán exemplos e experiencias emprendedoras neste eido. Tamén se abordará a busca de financiamento nas empresas baseadas no software libre. 
 
Ademais do coñecido blogger galego Juan Freire, participará Eduardo Manchón, cofundador de Panoramio (http://www.panoramio.com), empresa española dedicada á xeolocalización de fotos e que foi adquirida por Google en xullo do ano pasado. Este mozo alicantino é psicólogo especializado na interacción persoa-ordenador, traballou no campo da usabilidade e deseño de interfaces durante os últimos 7 anos. Estudou nas universidades de Valencia e Bergen (Noruega), actualmente traballa en Zurich (Suíza) para o xigante Google e é un personaxe influínte entre os bloggers, ademais de experto en todo o relacionado con Internet.