Emprender en tempos de crise Imprimir
27/04/2008
É posible emprender en tempos ou sectores de crise? Neste obradorio falarase sobre a selección de estratexias para empresas que estén en declive ou queiran operar en sectores e tempos de crise.
 
Relator:
 
Image
 
Guillem Perdrix
 

Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade Autónoma de Barcelona. Programa de formación de consultores en creación de empresas no 2003. Consultor homologado de Servizo Autoempresa pola Generalitat de Cataluña. En canto a súa experiencia profesional, actualmente é xefe do Servizo de Autoocupación na Fundación Privada para a promoción da Autoocupación de Cataluña. Foi consultor externo de Fundosa Social Consulting SA.  e liderou a xestión e tramitación de microcréditos para emprendedores na Fundació Un Sol Món de Caixa Catalunya, dende 2006. Ademais, impartiu varios seminarios e exerce a docencia na Universidade Politécnica de Cataluña.