• Entre os relatores haberá máis de 60 empresarios de éxito e especialistas en emprendemento dispostos a compartir coñecemento e apoiar o desenvolvemento de novas ideas xurdidas en Galicia. • O obxetivo da xornada é a promoción da actividade emprendedora, fundamental nun contexto de crisis. • Esta iniciativa, a V da iniciativa a quinta da iniciativa “Emprendemos juntos” promovida a nivel estatal polo MITyC, está organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e Bic Galicia, organismos dependentes da Consellería de Economía e Industria.
  • Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2010.- Mañá, 16 de xuño, celébrase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a V edición do Dia do Emprendedor, unha iniciativa que ten por obxetivo orientar a emprendedores, tanto para aqueles que teñen un proxecto e precisan de apoio para poñelo en marcha, como para aqueles outros que buscan segundas oportunidades para facer crecer o seu negocio.

    O Día do Emprendedor abordará o ciclo completo do emprendemento, dende o momento de dar os primeiros pasos para converter unha idea nun negocio ata a internacionalización como segunda oportunidade para o emprendemento.

    As distintas actividades incluídas no programa están orientadas a axudar a desenvolver a creatividade empresarial a través da análise e o traballo práctico en ámbitos como o financiamento, a formación directiva ou as novas formas de marqueting e vendas.

    A sesión plenaria contará este ano coa presenza de Joshua Novick, conselleiro delegado da empresa de mercadotecnia dixital Antevenio, única compañía de Internet española que cotiza en bolsa (Alternext, París) e Gerardo José García Alvela, Director Xeral de Sistemas Audiovisuais Itelsis, quenes contarán a súa experiencia como emprendedores de éxito. Luis Pedrahita, guionista de cine e televisión, presentará a xornada cunha reflexión diferente sobre as empresas, a crise e os emprendedores. .

    Outros relatores destacados son

    Antonio Más, un dos especialistas en Internet e comercio electrónico máis reputados, dará claves os emprendedores que queren posicionar o seu negocio sen necesidade de moitos recursos no taller “marketing con poucos recursos”. Na mesa redonda “segundas oportunidades para emprender, consellos de empresarios de éxito”, participará a empresaria Carlota Mateo, fundadora de Rusticae, e contará cun moderador de excepción, Jorge Alcalde, director da revista QUO, un dos xornalistas científicos máis importantes do noso país.

    Na liña sobre financiación, Manuel Romera, Director do Sector Financeiro e Profesor de Dirección Financeira no IE, explicará vías alternativas para lograr finanzamento de proxectos emprendedores na mesa “A finaciación máis aló dos bancos”.

    Os negocios tecnolóxicos son protagonsitas este ano. Gilberto Sánchez, Director Editorial de Virtual Toys e Secretario Xeral do DEV, Asociación Española de Empresas Produtoras e Desarrolladoras de Videoxogos e Software de Entretemento Profesional, compartirá os seus coñecementos como emprendedor e como gran coñecedor dos negocios tecnolóxicos do noso país.

    A comunidade de emprendedores, Iniciador Galicia, tamén estará presente cunha mesa composta por xóvenes emprendedores galegos quenes explicaran os seus proxectos empresariais.

    Este ano, ademáis, o Día do Emprendedor reforzará as zonas de asesoramento directo para emprendedores. Haberá liñas específicas como servizo de apoio xeral, o financiamento, os negocios tecnolóxicos e os viveiros de centros FP, onde expertos en diferentes áreas resolverán, de xeito personalizado, as dúbidas dos emprendedores. Nestes espazos, os potenciais emprendedores poderán presentar ideas para conseguir asesoramento ou investiment.

    Segue o Día do Emprendedor nas redes sociais

    As novidades do encontro estanse a comunicar no seu espazo en Facebook en Linkedin e en Twitter. Ademais, a xornada será retransmitida a través de Twitter para todos aqueles emprendedores que non podan achegarse a Santiago.

    Facebook:http://www.facebook.com/pages/Santiago-De-Compostela-Spain/Dia-do-Emprendedor-Galicia/114269515272446?ref=ts

    Twitter: http://twitter.com/emprendedor_gal

    Linkedin:http://www.linkedin.com/profile?viewProfile=&key=74834017&locale=es_ES&trk=tab_pro.

     

    Máis información:

    Luisa Rodríguez/Esther Paredes
    Tel. 981 93 67 59
    Móvil: 690 73 51 73