Relatores

Rafael Granados GuillenEmpresario Autónomo.

Presidente do Gremio provicial de Joyeros da Coruña. Vicepresidente do Colegio Profesional de Joyeros, Plateros, relojeros, y Gemologos de Galicia. Presidente da Asociación de traballadores por Conta Propia da Comunidade de Galicia ( ATA)

Javier Domínguez Xerente de Massantia

Nicolás Osuna Responsable de Comunicación de Visual MS

Jose Luis Vega Vilela  Administrador e xerente de DESTRUDAT, S.L

Tras desenvolver traballos como colaborador en empresas de mantemento industrial, decide crear a súa propia empresa, ENODEST, SLU.

Este empresario-emprendedor compaxina a actividade empresarial cos seus estudos de Enxeñería Industrial. Está acreditado ante a Asociación Nacional de Esayos no Destructivos (AEND) e conta coas certificacións de nivel II que lle habilitan para a prestación de servizos.

Creou 4 postos de traballo. 3 deles directos. (Titular da actividade e dous empregados) e un posto estable para un colaborador Freelance.

EXPERIENCIA PROFESIONAL

  • 1996-1997: Analista de riscos de particulares e empresas. Banco Pastor, S.A.
  • 1998-2003: Director Comercial e Financeiro. Paco Díaz, S.L. (INELGA). Empresa dedicada á comercialización de produtos agropecuarios e desenvolvemento de aplicacións informáticas para a avicultura e sunicultura. Distribuidor nacional de Sodalec.
  • 2003-2004: Delegado comercial da empresa OX-CTA, S.L., dedicada a I+D+i de biocidas biodegradables. Seguimiento e apoio técnico aos distribuidores nacionais, así como a procura e captación de novos ámbitos de distribución.
  • 2005-ata a data: Director comercial de Bioseguridad de Galicia, SL. Implantación da empresa no sector agrogandeiro no territorio galego e procura de colaboradores a nivel nacional.

    Ler máis...

Xan GuillénXan Guillén Lorenzana, promotor de MUNDO SMS

Titulado como Deseñador Industrial pola puxante Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol.

Logo de diversas experiencias laborais funda FrutoDS, xunto cos seus socios Antonio Parcero e David Dopacio. FrutoDS é unha iniciativa pioneira ao ser un dos primeiros gabinetes especializados en ofrecer servizos de deseño industrial en Galicia. Tras case catro anos de actividade desenvolveron diversos proxectos para empresas galegas como Finsa, Pumade, Rodman, Electromecánicos Viveiro, Cabinas Lagos ou Formato Verde.

Ler máis...

Martin Rivas

Martin Rivas Antón. Director Operacións Uninvest SGECR SA,

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid, Actualmente é Director de Operacións de Uninvest SGECR SA e Unirisco Galicia SCR. Ampla experiencia local e internacional en xestión de participadas e desenvolvemento de negocio, así como en departamentos de Fusiones e Adquisiciones, tanto en periodos de forte expansión como en re-estructuracións. Previo á súa posición en Uninvest SGECR , ocupou varias posicións directivas na multinacional Suiza Ascom, CFO en España, CFO de Ascom International (India, LatAm e Europa), CFO Start-Up Powerline Comunication, Vice president M&A, CEO Ascom Spain.

Ler máis...

Ana Belén MeizosoAna Meizoso é consultora senior de Mellora Consultants. Conta con máis de once anos de experiencia nas áreas de IT, Contabilidade de Xestión e Reenxeñería de Procesos na industria de Construción e Concesións de Infraestructuras e en Retail.

Dirixiu proxectos nas áreas de sistemas de información, loxística e operacións en España e Latinoamérica.

Ler máis...

Licenciado en Ciencias económicas e empresariais (rama empresariais, especialidade en financiamento) pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1991

  • Primeiro traballo en Madrid de 1992 a 1993 en Consultora CASDIR, responsable do departamento de PYMES
  • Segundo traballo en Vigo, KPMG PEAT MARWICK, Multinacional Americana de Auditoria de 1993 a 1997
  • Tercer traballo, VIGO ACTIVO SOCIEDADE DE CAPITAL RISCO DE REGIMEN SIMPLIFICADO SCR SA, desde 1997 ata a actualidade
Isabel SalazarResponsable de Produto de Marketing en Google (2 anos) e xestora de contas Google AdWords (2 anos)

José Manuel Ortigueira BobilloDirector de investimentos dos fondos de capital risco de Xesgalicia.

Máster en Dirección de Empresas e Enxeñeiro agrónomo.

Autor do libro “Casos prácticos sobre análisis y financiación de pymes” (Editorial Pirámide)

Jorge Juan Sales IllánJorge Juan Sales Illán, Director de Operacións da Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e Ourense, SOGARPO, S.G.R.

Licenciado en Ciencias Económicas e Comerciais pola Universidade de Santiago de Compostela (1ª promoción)

Titulado en "Comunidades Europeas" pola Escuela Diplomática de Madrid, do Ministerio de Asuntos Exteriores.

Ex-Decano do Ilustre Colexio de Economistas de Pontevedra e membro do Consello de Colegios de Economistas de España.

Alberto MalvidoEXPERIENCIA

2008-Act. Bit Oceans Research, S.L. (www.bitoceans.es) España
Socio fundador da compañía. Conselleiro Delegado.

2004-2008 Universidade de Vigo (www.uvigo.es) España
Investigador no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da
Universidade de Vigo.

Ler máis...

Gonzalo González PérezGonzalo González Pérez estudou Ciencias Económicas na Facultade de Santiago de Compostela e posteriormente comezou a súa carreira profesional no sector asegurador onde desempeñou diversas funcións directivas durante 7 anos.

Neste sector adquiriu e desenvolveu as súas habilidades comerciais e de formación comercial coa realización de diversos cursos de orixe norteamericana impartidos por "Life Insurance Marketing and Research Association" con sé en Hartford-Connecticut así como polo "Main Event Management "Institute".

No ano 1996 comeza a traballar como Director Comercial en AFIGAL S.G.R. ata a actualidade, o que suman un total de 12 anos no sector das Sociedades de Garantía Recíprocas.

Ler máis...

Daniel RamosNace na Coruña no mes de Agosto de 1973. Obtén a licenciatura en Ciencias Biolóxicas, especialidade Ambiental na Universidade da Coruña (UDC). Tras unha curta experiencia como docente e traballos como Monitor de Actividades de Tempo Libre para a Xunta de Galicia, funda a súa primeira empresa no ano 2000 chamada CORUNET S.C.P. onde desempeña as tarefas de Socio Director Comercial. No mes de Abril de 2004 constitúe CORUNET S.L. e ocupa o mesmo cargo. Ambas compañías dedícanse a desenvolver proxectos en Internet.

Ler máis...

Carmen Cerecedo FernándezPromotora e socia de Neoker,S.L, empresa dedicada á produción de fibras monocristalinas de alúmina que foi Premio Nacional de Innovación no ano 2007 e participou no "Word Best Technologe Showcase 2009" pola mellor tecnoloxía internacional".

É Doutora en Ciencias Químicas pola USC e realizou diversos cursos teóricos de doutorado no área de Ciencia e Tecnoloxía dos Materiais (Depto. Física Aplicada).

Ler máis...

Luis Alberto BledaEXPERIENCIA PROFESIONAL

•    Jun. 07-Actual: Responsable de Comercio Exterior CAIXA GALICIA       
•    Mar.05-Jun.07.: Manager Export & Trade Finance BANCO ESPAÑOL DE CRÉDITO (BANESTO)
•    Mar.03-Mar.05: Xestión de proxectos internacionais e comercio exterior. Xerente Área África. MAKIBER, S.A. –DRAGADOS INDUSTRIAL
•    Sep.01-Feb.03: Comercial Área Africa e Sudamérica. Proxectos internacionaies. IBADESA EXPORTACIONES Y SERVICIOS, S.A.

Ler máis...

Conta cunha ampla experiencia en temas relacionados coas políticas activas de emprego da Xunta de Galicia, desempeñando nos últimos anos cargos tan relevantes na materia, como Xefe de Sección de Planificación e Programación de Formación Ocupacional, Xefe de Servizo de Promoción de Emprego ou Xefe de Servizo de Apoio a Emprendedores. Participa habitualmente en numerosos foros, xornadas, cursos e másters universitarios como relator e conferenciante.

Na actualidade é o Subdirector Xeral de Apoio á Contratación e a Emprendedores, que se encadra na Dirección Xeral de Promoción de Emprego da Consellería de Traballo.

Ler máis...

Carlos Barrabés

Carlos Barrabés pasou os últimos doce anos dirixindo Barrabes Esquí Montaña, unha tenda especializada en material deportivo de montaña en Benasque (Huesca) e desde 1996 dedícase exclusivamente aos negocios en Internet.

Determinado a permanecer en Benasque, localidade pirenaica de apenas 1.000 habitantes, Carlos Barrabés explotou a súa experiencia e know-how no mundo da montaña e o esquí para ofrecer unha ampla gama de servizos aos seus consumidores a través de Internet. A Web, concibida orixinalmente como un catálogo online, deu paso a principios de 1999 a todo un portal de información e comunidade deportiva de montaña. Hoxe en día, as súas páxinas reciben 2.000.000 de consultas ao mes, e unha media de 7.000 visitas diarias non deixan lugar a dúbidas: Barrabes.com é o portal en lingua castelá líder absoluto en temas de outdoor e montaña en Internet.

Ler máis...

Pablo Fernández LlaveroLicenciado en Ciencias Económicas e Empresariais.

Na súa traxectoria profesional traballou en diferentes áreas tanto financeiro, comercial e directivo do grupo TELEMO, formado por empresas da familia que engloba diferentes sectores como o audiovisual (UN TV, S.L.), telecomunicacións (Telemo Comunicaciones S.L,) e enerxía (SOLAR PST).

Actualmente está exercendo como Director Executivo e coordinador do plan de expansión internacional da empresa SOLAR PST (Paneles Solares Termodinámicos, S.L.), así como xerente da empresa Telemo Comunicaciones.

Javier Carral MartínezDirector Corporativo de Inversiones de CxG Corporación Caixa Galicia.

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais CEU pola Universidade  Complutense de Madrid.  MBA MBS pola Universidade de Houston.

Ler máis...

Javier Tena GarcíaDirector Territorial de Comercio e Delegado do ICEX en Galicia

Publicacións:

Publicou numerosos artigos sobre temas económicos.
Entre 1996 e 2002 foi coautor do Informe Anual sobre o Comercio Exterior de Galicia patrocinado polo Banco Pastor.
En 2004 é tamén coautor da obra "Análise da estrutura xeográfica das exportacións de Galicia" publicada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Ler máis...

Juan Feijoo CasanovaLicenciado en Ciencias Económicas e en Ciencias Empresariais. Master en Xestión e Dirección de Comercio Internacional e Master en Banca e Finanzas, con mención especial ao traballo "Medios de Pago Internacionais"

Na súa traxectoria profesional traballou en departamentos de exportación de varias empresas. Posúe máis de 10 anos de experiencia como consultor e asesor de empresas e emprendedores, no ámbito da creación de empresas, xestión de viveiros empresariais, plans estratéxicos, liñas de financiamento e internacionalización.

Ler máis...

Eduardo García ErquiagaDoutor en Administración de Empresas pola Universidade de Navarra, MBA por Escola de Negocios Caixavigo e Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago. O Dr. García Erquiaga é Director Xeneral da Escola de Negocios Caixanova e Profesor invitado de Dirección Estratéxica, Economía da Empresa, Creación e desenvolvemento de Empresas de ESEUNE, EOI e a Universidade de Navarra. É Membro da Asociación Europea de Dirección e Economía da Empresa e autor de varios libros sobre Dirección Estratéxica, entre os que cabo destacar "Organizar para crear valor: ideas e técnicas para organizar con eficacia".

Teresa MariñoDoutora en Economía Financeira pola Universidade Autónoma de Madrid, obtendo o premio extraordinario de doutorado con "Metodologías Value-at-risk para la medición de los riesgos". Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense. Completa a súa formación co Master en Mercados Financeiros do Instituto de Estudos Superiores da Fundación Universitaria San Pablo CEU; Executive MBA pola Escola de Negocios Caixanova; título CEVE de experto en valoración de empresas polo Instituto Español de Analistas Financeiros.

Ler máis...

Enrique DansInvestigador e Líder de Opinión en Sistemas e Tecnoloxías da Información

Elixido, por cuarto ano consecutivo, como unha das 25 persoas máis influintes do sector Internet en España na lista dos 500 elaborada polo diario O Mundo, Enrique Dans é Profesor de Sistemas de Información no IE Business School desde o ano 1990. É Doutor (Ph.D.) en Management, especialidade en Information Systems pola Universidade de California (UCLA), MBA polo Instituto de Empresa, CPCL por Harvard Business School e Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. É autor de varios estudos sobre comercio electrónico publicados en revistas e congresos internacionais, e en prensa xeral e económica sobre Internet, novas tecnoloxías e a súa aplicación ao mundo da empresa. Os seus intereses de investigación céntranse no campo de Internet e a nova economía, efectos da tecnoloxía no comportamento dos consumidores e consecuencias para as empresas en xeral.

Ler máis...

Pedro MoneoPedro Moneo, http://www.opinno.com/equipo-2/ , é Fundador e Director Xeral de Opinno, Open Innovation, rede internacional de innovación aberta que conecta a emprendedores, tecnólogos e inversores, con sé en Madrid e San Francisco. Utiliza métodos adquiridos no Silicon Valley e o área de Boston para acortar o tempo de lanzamento e potenciar o éxito desas novas empresas de base tecnolóxica, desde a súa fase máis embrionaria ata o investimento de capital risco, serie A.

Antonella BrogliaNaceu en Italia en 1959 e é Doutora en Dereito pola Universidade de Módena.

Foi Directora de Conta, de Servizo a Cliente e de Desenvolvemento de Negocio na axencia de publicidade Benton & Bowles (que cambiou sucesivamente a sua denominación en DMB&B e logo D'Arcy), onde chegou a ser Directora Mundial de servizos a cliente, desenvolvendo proxectos en Italia, Francia, España, UK, Irlanda, Turquía, Grecia, Finlandia, Portugal, Marruecos, Egipto, Brasil e Arxentina.

Foi Conselleira Delegada da axencia Ogilvy & Mather de Roma de 1997 a 1999, e de 1999 a 2006 foi Conselleira Delegada e Vicepresidenta da axencia Saatchi & Saatchi España, e membro do Board Europeo.

Ler máis...