Itinerario: Financiamento.

13:15-14:15: Business Angels e Capital Risco: "¿Por que un inversor financiaría o meu proxecto?".

Relatores confirmados ata o momento: Javier Carral (Conselleiro Director Xeral de GesCaixa Galicia), Yolanda Falcón (Xerente de investimentos en Uninvest), Miguel Baltar (Xerente de Inversións de Vigo Activo) e María Fernández (responsable de BANG).

Modera: José Manuel Ortigueira (Director de investimentos dos fondos de capital risco de Xesgalicia).

Resumo: O capital risco para un emprendedor supón un incremento dos recursos propios, posibilitando a entrada doutros socios e o apoio á internacionalización da empresa. Permite tamén a profesionalización da xestión interna da mesma e dos órganos de xestión da sociedade. Nesta mesa redonda, analizaranse as distitnas opcións do capital risco como os Business Angels.

Analizaranse os seguintes temas:

1. Selección de Investimentos Capital Risco.
2. Como convencer a un investidor financeiro.
3. Prioridades do Emprendedor.
4. Elementos de dificultade nas transaccións de Capital Risco.