Itinerario: Oportunidades para emprender.
10:30-11:15: Taller de creatividade empresarial: "Mercadotecnia de guerrilla online. 10 técnicas para lanzar o teu proxecto sen gastarche un euro. Ou case".
Relator: Antonio Mas (vicepresidente de AECEM, Asociación Española de Comercio Electrónico e Mercadotecnia Relacional).Resumo: Skype, Twitter, Google, Facebook,… e en España Tuenti, Weblogs s.l., Rede Karaoke, 11870.com... Marcas de alto valor e recoñecemento sen investimento. Como estas marcas lograron a súa posición con investimentos mínimos ou cero? A rede ten novas moedas para captar a atención e non as podes comprar con diñeiro. Buscadores, xestión de BBDD, redes sociais, creación de contido...Una aproximación á economía da atención que podes aplicar dende mañá en calquera proxecto no que esteas a traballar ou lances.


