Itinerario: Oportunidades de Negocio I

Resumo:  Na súa exposición, Antonella Broglia anima a novos emprendedores a aproveitar novas oportunidades de mercado en momentos de crises; para iso, ofrece unha visión práctica (exemplos reais) de empresas que funcionan a pleno rendemento malia a conxuntura económica actual como empresas especializadas en nanotecnoloxía, biotecnoloxía, saúde, enerxías renovables, Tic´s, que xerarán a curto prazo máis de medio millón de postos de traballo.

Pero non só centra a súa exposición en ideas innovadoras, senón en modelos empresariais xa existentes que se reinventan para facer fronte á crise, ou que empregan unha terminoloxía acorde coas tendencias actuais (eco-embedded, eco-tips, eco-turismos ou vehículos híbridos, comercio xusto) transformando a visión do produto ofertado.

Esta necesidade de novas ideas ou reinvención das existentes, reprodúcese nunha necesidade actual de maior formación e información, que atopa na rede ao seu maior aliado.

Por outra banda, Broglia fai un recordatorio ás políticas de low cost, tan populares nos últimos anos, da eco-agricultura urbana, alimentos orgánicos, e das novas oportunidades de quen promociona produtos ou servizos que lle son ben coñecidos; "o que sei facer, como negocio".

Para terminar a disertación, Antonella ofrece unha visión xeral do think tank Infonomía do que é asidua colaboradora, e que se constituíu como a maior rede de innovadores en lingua española.

Horario: De 10:30 a 11:15 horas

Ponentes: Antonella Broglia

Descargar presentación