Itinerario: Novos Mercados. Internacionalización

Resumo: Opinno é unha rede internacional de innovación aberta que conecta a emprendedores, tecnólogos e inversores.

O seu traballo desenvólvese en cinco frontes:

  • Investimento
  • Aceleración
  • Consultoría
  • Rede Opinno
  • MIT Technology review, onde é socio e licenciatario para España e Latinoamérica da revista tecnolóxica máis antiga e prestixiosa.

O Sr. Moneo dividiu a súa presentación en:

  1. Análise do contexto
  2. Advertencias
  3. Presentación corporativa
  4. Análise da situación económica
  5. Información adicional

O 2008 foi un punto de inflexión, o desenvolvemento tecnolóxico dos 90 alcanzou o mundo das finanzas co que xurdiron novos problemas (altas expectativas, exceso de intermediarios, flexibilidade do mercado,...)

Atopámosnos nunha situación global onde hai que actuar dun xeito global, verdadeira, aberta e multidimensional.

O cambio de ciclo económico foi tan brusco que obriga ás empresas a ser áxiles na redución de custos para evitar entrar na espiral da morte: a baixa demanda xera menos ingresos. Menos ingresos provocan a necesidade de reducir custos ou innovar, ambas opcións toman tempo que se reflicte no prezo que sobe e que provoca unha redución da demanda poñendo a compañía en risco.

Nesta situación un modelo de negocio debe considerar:

  1. Produción: escalar o modelo de negocio
  2. Adaptar o modelo a unha situación de crise
  3. A consultoría morreu hai que centrarse en ofrecer resultados tanxibles e medibles
  4. Incluír un plan de innovación
  5. Alcanzar novos clientes, globalizar
  6. Repensar a estratexia comercial, xa non se venden produtos, véndense experiencias. Non vendemos a clientes, vendemos a parellas (cliente + situación)

As mellores prácticas que se poden desenvolver en España son:

  1. Desenvolver unha organización guiada polo talento
  2. Colaboración entre empresas tecnolóxicas e/ con axentes externos
  3. Desenvolver a intelixencia, análise de situación e de retorno de investimento
  4. Xestión, concentrarse en segmentos de alto valor engadido
  5. Financiamento: reducir riscos, revisar salarios, facer recortes, reducir débeda
  6. Aproximación ao mercado: establecer un modelo sólido de beneficios, perfecto coñecemento do cliente
  7. Transferencia de tecnoloxía
  8. Vendas, empregar unha estrutura de vendas fortemente comisionada

Opinno

Aliña de aceleración céntrase en:

  1. Detectar proxectos
  2. Validalos
  3. Preparalos
  4. Lanzalos
  5. Seguimento

Horario: 09.45 - 10.30

Ponentes: Pedro Moneo

Descargar presentación Pedro Moneo