Itinerario: Oportunidades de negocio I
Resumo: Desde a súa experiencia como empresarios que puxeron en marcha proxectos innovadores no seu ámbito de actuación, e nalgúns casos, como representantes de entidades asociativas cuxo obxectivo principal é o fomento da cultura emprendedora, realizaron un percorrido sobre a natureza da actividade empresarial: a idea empresarial, o plan de empresa, financiamento, recursos humanos, fomentando a concepción do autoemprego como unha alternativa real de inserción laboral.
Daniel Ramos, na súa condición de presidente de Fegaxe realizou unha breve exposición sobre as implicacións do Asociacionismo e das vantaxes de formar parte dunha Asociación de Novos Empresarios (Aje), facendo especial fincapé na promoción de proxectos de novos emprendedores que se leva a cabo desde estes organismos para o que atenden ás necesidades de formación, asesoramento, investigación e información, dos seus asociados no inicio dunha nova andaina profesional. Entre as actividades realizadas para a promoción da cultura empresarial polas Aje´s, atópanse Ceas-coloquio, que teñen por obxecto poñer en contacto aos novos empresarios con notables personalidades do mundo dos negocios, Xornadas de Alta Dirección con visitas organizadas de novos empresarios ás sedes ou centros de produción de empresas galegas, Xornadas de Negocios que perseguen reunir a un bo número de novos emprendedores para a posta en común dos seus proxectos e Programas de Formación e Xornadas Formativas.
Pola súa banda, Ana Belén Meizoso, expuxo sucintamente a súa experiencia como socio-consultora da empresa Mellora Consultants, analizando pormenorizadamente a contorna Dafo que se suscitou a empresa nos albores da sua andaina en Galicia; fixada esta fotografía das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades de Mellora Consultants, establecéronse os obxectivos a curto, medio e longo prazo a conseguir pola mesma;
- Construción dunha imaxe de marca de Mellora asociada ao traballo de calidade e aos resultados.
- Selección de clientes
- Iniciativas para dar a coñecer Mellora
- Servizos de Dirección e Administración, e de Loxística e Operacións
- Colaboración con consultoras especializadas en servizos específicos que lles servisen como proveedores.
- Estimación de vendas, análises de custos, determinación de fluxo de caixa
- Análise dos recursos corporativos.
Ademais a súa exposición, virou en torno á idea de procura de novas oportunidades en momentos de crises, como xeradora de creatividade e de progreso.
Xan Guillén Lorenzana abogou polo Emprendedurismo como "combinación dun acto creativo cunha acción eficaz" que permita buscar novas oportunidades, especialmente no sector de novas tecnoloxías/Internet, e concibir un novo produto que poñer en marcha. Para iso, procedeu a dar coñecemento aos asistentes da súa experiencia como proveedor SMS dividindo a disertación en tres etapas;
- Xeración de idea e tipoloxía do produto.
- Elaboración dun plan de negocio e análise da viabilidade técnica, financeira, económica, comercial e social do produto que plantexaba promocionar.
- Posta en marcha da empresa.
Horario: 09.45 - 10.30
- Daniel Ramos Lobón, Presidente da Federación Galega de Xoves Empresarios-FEGAXE e AJE CORUÑA
- Ana Belén Meizoso, MELLORA CONSULTANTS
- Alejandro Arce Herrero por AJE Vigo
- Cristóbal Dobarro Gómez por AJE Ferrolterra
- Lucia Pedroso Suárez por AJE Pontevedra
- Xan Guillén Lorenzana, promotor de MUNDO SMS


