Itinerario: Innovación

Resumo: Tras unha breve presentación de cada un dos ponentes a cargo de Gustavo Marcos, xerente de Uninova e moderador da mesa, Ricardo Capela, realizou unha breve exposición sobre os condicionantes e vantaxes aos que se enfrontan os "emprendedores tecnolóxicos", incipientes empresarios aos que se podería catalogar como "rara avis" no mundo empresarial e profesional, e que deben percorrer un longo e duro camiño para poñer en marcha un negocio de base tecnolóxica, aos que invita a "compartir, colaborar e cooperar" con outros proxectos na rede.

Tras esta invitación á creación e posta en marcha de novas empresas de base tecnolóxica, Carmen Cerecedo, promotora dunha destas compañías, Neoker SL, tomou a palabra para contar a súa experiencia persoal na fundación do seu negocio. Así, partindo do seu bagaxe persoal e a súa experiencia no sector, con amplos coñecementos no mundo da investigación e desenvolvemento de novedosos procedementos de obtención de fibras, cristais e pezas cerámicas, creou unha sociedade implantada en Galicia, que cosechou númerosos éxitos e premios desde o inicio da súa actividade ata a data (Primeiro Premio Nacional de Innovación no ano 2007). Incidiu na importancia das axudas institucionais en materia de financiamento das empresas deste tipo (CDTI, Uninvest, Unirisco, Igape, Ministerio de Ciencia e Innovación,...) e por suposto, na capacidade para xerar recursos financeiros propios. Tamén realizou un breve repaso da actividade de procesado de Neoker, dos produtos que ofertan, e das vantaxes competitivas de devanditos produtos fronte a outros competidores do sector.

Pola súa banda, Alberto Malvido de Bit Oceans SL resumiu a súa experiencia profesional no sector das empresas de base tecnolóxica; partindo da detección da oportunidade de negocio baseada no incremento da fraude documental e o reto do emprego da firma dixital, e dos nichos de mercado que se vían afectados por estes (organismos públicos, entidades financeiras,...), elaboraron un plan de negocio que lles levou á creación da tecnoloxía coñecida como Fividoc, que evita este tipo de fraudes en documentos públicos e privados, que lle fixo valedor de numerosos premios en innovación.

Jorge Barros, Subdirector Xeral de Apoio a Emprendedores da Consellería de Traballo, realizou unha breve disertación sobre a cultura emprendedora desde o punto de vista da Administración, da que é gran coñecedor. Unha IEBT é unha empresa viable técnica, económica e financieramente e xeradora de emprego estable, innovadora de contido científico e/ou tecnolóxico previamente cualificada como tal e inscrita no rexistro administrativo habilitado ao efecto. Con esta iniciativa preténdese a creación de empresas tecnolóxicas e a creación de emprego cualificado, como mercado potencial futuro; para obter a cualificación de IEBT esíxese, ademais das características xa mencionadas, que a actividade ou produto teña carácter innovador ou contido tecnolóxico/científico. Deben ser proxectos de nova creación e de impulso privado, que fomenten a creación de emprego estable para desempregados do Servizo Público de Emprego (un 25% dos empregados deben ter titulación universitaria).

Desde a Consellería de Traballo ademais, fomentanse axudas para a creación directa de emprego estable, contratación de expertos técnicos de alta cualificación, apoio á función xerencial, para facilitar o acceso a financiamento externo e para o inicio e posta en marcha dunha actividade emprendedora.

Horario: 10.30 - 11.15

Moderador: Gustavo Marcos, Xerente de Uninova

Ponentes:

Descargar presentación Carmen Cerecedo
Descargar presentación Alberto Malvido
Descargar presentación Jorge Barros de la Peña