Itinerario: Financiamento

Resumo: Teresa Mariño realiza un percorrido pola situación económica actual (desplome da demanda interna e do comercio internacional, desmoronamento dos beneficios empresariais e a depreciación do PIB real mundial), platexándose a disxuntiva sobre a viabilidade ou non de emprender en tempos de crise.

Incide moi especialmente no investimento financeiro para apostar pola creación de novas empresas na contorna económica actual; o obxectivo principal é obter financiamento para o proxecto, tendo en conta canles e prazos de financiamento do mesmo.

Para a creación dunha nova empresa, Mariño insiste na importancia dunha análise previa centrada en; a experiencia e formación previa do emprendedor, coñecemento do medio, posicionamiento estratéxico e expectativas de crecemento da empresa, viabilidade técnica, comercial e especialmente, financeira, así como nunha adecuada solvencia patrimonial e técnica. Diferenza ademais entre distintos tipos de financiamento en atención ao maior ou menor risco do investimento para a posta en marcha dun negocio;

  • Risco baixo; autofinanciación con recursos propios ou provintes do seo familiar, subvencións e inversores privados (Empresarios, directivos de empresa, emprendedores ou aforradores que poden aportar capital (fondos propios), experiencia emprendedora ou directiva, confianza e unha importante rede de contactos).
  • Risco alto; Mercado Alternativo Bursátil (mercado de valores dedicado a empresas de reducida capitalización que buscan expandirse, cunha regulación a medida, deseñada específicamente para elas, e uns custos e procesos adaptados ás súas características), Capital risco (Entidades cuxo obxecto principal consiste na toma de participacións temporais no capital de empresas) e Entidades financeiras.
Incide na importancia crave do Plan de Negocio da Empresa como carta de presentación do proxecto e na confianza no proxecto como base para o inicio dunha nova andaina empresarial con garantías de éxito.

Horario:  09.45 - 10.30

Ponentes: Teresa Mariño, Escola de Negocios Caixanova

Descargar presentación