Itinerario: Novos Mercados. Internacionalización

Resumo: En primeiro lugar, Javier Tena interveu para expoñer as vantaxes que ofrece o ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior) aos novos proxectos empresariais; como organismo público, presta servizos ás empresas españolas no seu proceso de internacionalización. A través da rede de oficinas que ten en España e no estranxeiro, ofrece información sobre mercados e sectores, orientación a cargo de profesionais especializados, promoción comercial en mercados exteriores e apoio a proxectos empresariais de exportación e investimento. Promove foros entre empresarios españois e estranxeiros e formación relativa a comercio exterior.

Para o fomento da internacionalización dun proxecto, o ICEX conta con liñas crédito que permiten ao empresario iniciarse á exportación, establecerse no exterior, promocionar a súa marca, ou concurrir a licitacións de carácter internacional;

  • Inicio á exportación; Xornadas de achegamento de servizos e apoios ao exportador e Programa APEX [Diagnóstico de Potencial de Exportación da empresa, asesoramento en áreas crave para abordar os mercados exteriores con éxito, Liña de Financiamento ICEX-ICO, Liña de aseguramento de cobros: Póliza "Nuevos Exportadores"], e o Plan de Iniciación á Promoción Exterior PIPE [ apoio no deseño da estratexia de internacionalización e apertura de novos mercados, apoio económico a gastos de promoción no exterior, servizos Club PIPE (información, promoción comercial, finanzas, ...), asesoramento en internacionalización por Internet a través do programa PIPEnet. ].
  • Promoción exterior e marcas; ábrense as seguintes liñas de apoio a empresas españolas que promovan a súa marca no exterior, apoio á internacionalización de procesos, produtos ou servizos innovadores desenvolvidos por empresas españolas, ao produto audiovisual español e ás vendas no exterior do sector e á difusión internacional das principais firmas españolas que incorporen un alto compoñente de deseño para o sector Hábitat.
  • Apoio á moda española.
  • Implantación comercial; Apoio a proxectos de internacionalización de empresas españolas, tanto individuais como colectivamente.
  • Implantación produtiva; co Programa de Apoio a Proxectos de Investimento (PAPI), que financia parcialmente estudos de viabilidade e custos de lanzamento de proxectos de investimento produtivo en mercados exteriores.
  • Concurrencia dunha empresa española a licitaciónes internacionais; Facilita a participación, presentación e seguemiento de ofertas técnicas das empresas españolas en concursos ou licitacións Internacionais.

Luís A. Bleda ofreceu unha visión do comercio exterior no contexto da crise actual; en 2009 o comercio internacional sufrirá unha caída do 15% e as exportacións xa notaron esta recesión durante os dous primeiros meses do ano. As causas desta involución da economía débense á restricción do acceso ao crédito para importadores e exportadores, a un aumento do risco de impago nas transaccións internacionais e á falta de confianza.

A restricción do acceso ao crédito para importadores e exportadores supón unha disminución da demanda, o incremento dos custos de financiamento da actividade importadora/exportadora e o agravamento do risco de impago para as empresas. As solucións ao problema pasan polo financiamento de exportacións ao servizo do ciclo de produción da empresa e da estratexia comercial, polo fomento de iniciativas xurdidas de organismos internacionais e españolas (neste último caso, trataríase de medidas financeiras de impulso á exportación como flexibilización do Seguro de Crédito á Exportación, reforma do Sistema de Axuda ao Desenvolvemento, liña FAD-PYME, liña CESCE-PYME, plan África de exportación de infraestructuras e o plan de Apoio á Internacionalización. Liñas ICO), e pola oferta de produtos e servizos financeiros para importadores, exportadores e inversores.

A súa exposición concluíu coa demostración do exposto cun caso práctico: Forfaiting á Exportación.

Un exemplo práctico do manifestado polos anteriores ponentes de apoio á internacionalización de empresas e marcas españolas, é a empresa galega Solar PTS, representada nesta mesa redonda polo seu Director Executivo, Pablo Fernández Llavero, o cal expuxo a experiencia adquirida na exportación dos produtos e servizos da súa compañía; paneles termodinámicos que funcionan ata en condicións climáticas adversas ou durante a noite, en ausencia de luz solar. Iso valeulle para que firmas ubicadas en países como Grecia ou Kenya, opten por importar esta tecnoloxía para a súa ubicación en edificacións públicas ou privadas, e que Solar PTS teña delegacións abertas en lugares como Dinamarca ou a República Checa.

Horario:  10.30 - 11.15

Moderador: Juan Feijoo Casanova, Director Xeral do Consello Galego de Cámaras

Relatores:

Organiza: Consello Galego de Cámaras

Descargar presentación Luis Alberto Bleda Giraldo
Descargar presentación Javier Tena García
Descargar presentación Pablo Fernández Llavero