Itinerario: Innovación
Resumo: Fronte aos iniciais avatares da creación dunha nova empresa (incerteza, falta de cultura emprendedora, falta de información...), os Viveiros de Empresas ofrecen substanciais vantaxes como a minimización de custos de estrutura, o fomento da cooperación empresarial e o apoio á xeración de emprego. A creación de Viveiros de empresas promoven obstaculizar a deslocalización e fuga de novos talentos, sensibilizando aos empresarios emprendedores das oportunidades que se xorden formando parte da comunidade empresarial do Viveiro.
Desde as Cámaras de Comercio de Vigo, Ferrol e Ourense, promovese este tipo de iniciativas, exemplificando os casos de éxito en empresas como Biosgal, Destrudat, FrutoDS, Bit Oceans e Enodest. Tras esta exposición sobre o alcance e obxectivos primordiais dun Viveiro de Empresas, os representantes de cada unha destas compañías -Tomás González, José Luís Veiga, Alberto Malvido, Anxo E. Igrexas e Alberto García- narraron aos asistentes a súa experiencia persoal e profesional como participantes neste tipo de proxecto viverista.
Horario: 13.15 - 14.15
Ponentes: 4-5 viveristas elexidos entre as empresas da rede de viveiros de Empresas que as Cámaras de Comercio promoven en Galicia:
- BIOSGAL, S.L. PROMOTOR: TOMÁS GONZÁLEZ LÓPEZ
- DESTRUDAT, S.L. PROMOTOR: JOSÉ LUIS VEGA
- ENNODEST, S.L. PROMOTOR: ÁNGEL EDGAR IGLESIAS RODRÍGUEZ
- FRUTO DS, S.L. PROMOTOR: ALBERTO GARCÍA MONTIEL
- BIT OCEANS RESEARCH, S.L. PROMOTOR: ALBERTO MALVIDO
Organiza: Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol
Descargar presentación Alberto Malvido


