Itinerario: Sesión plenaria.
Resumo: Barrabés fai unha sucinta exposición sobre o que supón a innovación na nova contorna; comprender os cambios aos que se vé sometido un negocio é o paso previo para comezar un proceso de innovación, sempre tendo presente os hábitos de consumo do cliente, que é o que marca o tempo dos negocios.
Establece unha comparativa entre as empresas multinacionais, que efectúan as súas operacións con diversos países e que entende que cada país é un mercado controlado pola matriz, e empresas globalizadas, que conciben ao mundo como un único mercado, efectuando operacións con todos os países. Neste último caso, o protocolo de actuación pasa por crear unha experiencia de cliente diferencial e saber quen poden ser os Hiperusuarios da empresa. Estes hiperusuarios deben converterse nos seus Early Adopters e deben ter a forza suficiente para converterche en tendencia.
Como exemplo de descentralización da rede, expuxo o caso das P2P caracterizadas porque os ususarios son clientes e servidores ao mesmo tempo, xa que as aplicacións do P2P permiten intercambio de ficheros entre usuarios.
A innovación é a mellor receita na contorna empresarial, distinguindo dous tipos de procesos innovadores;
- Incremental; consiste na mellora da calidade do produto ofertado e en adaptacións a necesidades dos clientes. O resultado é o éxito de empresas xa consolidadas (contan con recursos propios, motivan a captura de segmentos superiores e levan bo procesos de asignación de recursos que se deseñan para apoiar as innovacións).
- Disruptiva; gravita no cambio do comportamento para co cliente e na permuta das bases sobre as que se asentan as vantaxes competitivas e a estrutura económica do sector. O resultado neste caso, é o éxito de empresas emerxentes, que desenvolven produtos máis rápido e que de funcionar, será clave a traxectoria de innovacións incrementais posteriores.
Horario:11:45
Ponentes: Carlos Barrabés


