Itinerario: Oportunidades de negocio II

Resumo: Do mesmo xeito que en casos anteriores, Isabel Salazar incide no cambio de hábitos dos consumidores durante épocas de desaceleración económica, debido ao menor poder adquisitivo dos mesmos, e ao incremento proporcional do goce do lecer no seo familiar; esta circunstancia favorece o incremento do emprego de internet nos fogares españois (os usuarios de internet pasan unha media semanal de sete horas fronte ás súas pc´s), o que conleva un cambio nas políticas de marketing actuais.

Analízase as repercusiones dos impactos mediáticos, destacando o feito de que só internet mantén unhas expectativas positivas de crecemento fronte ao resto de medios convencionais como radio, prensa escrita, TV... O reto que leva aparexado esta fórmula tecnolóxica é a promoción e comunicación de cada web; os emprendedores enfróntanse á tesitura de posicionar a súa páxina para que sexa consultada polo maior número de internautas posibles, para o que Google conta con Google Adwords, unha ferramenta que crea e publica sitios web fácilmente, e comparte información con colaboradores desde un único punto.

Horario: 10:30

Ponentes: Isabel Salazar. Responsable de producto de Marketing de Google España.

Descargar presentación Isabel Salazar