Itinerario: Oportunidades de negocio II

Resumo: Os tres ponentes presentaron ás súas respectivas asociacións, indicando as vantaxes, coberturas, dereitos,..., que conleva formar parte deste tipo de organizacións que agrupa a un sector tan relevante no Emprendedurismo, como o colectivo dos Traballadores Autónomos.

ATA Galicia (Asociación de Traballadores por Conta Propia) é unha organización que asesora aos seus asociados ofrecéndolles non só información a consultas de carácter xurídico, fiscal, financeira e laboral que se suscite un empresario autónomo, senón que pon á súa disposición, cursos gratuitos de formación adaptados ás necesidades dos mesmos.

UPTA Galicia promove medidas políticas, lexislativas e económicas para a mellora das condicións de traballo dos autónomos e, como ocorría no caso anterior, impulsa accións formativas específicas para os seus asociados, dirixidas a mellorar a sua capacitación profesional e ofrece un asesoramiento personalizado a quen desexen poñer en marcha un novo proxecto empresarial.

No mesmo sentido, Fecom promove formación, non só para novos emprendedores, senón cursos de reciclaxe para quen xa consolidaron o seu negocio nos últimos anos, ademais do asesoramento de expertos que ofrece aos seus asociados, e da promoción da cultura empresarial de Costa da Morte.

Horario: 13:15

Ponentes: