Juan FreireDoutor en Bioloxía e Profesor Titular da Universidade da Coruña (UDC) na que foi Decano da Facultade de Ciencias. Ademais desde Marzo de 2009 é responsable da Cátedra de Economía Dixital da Escola de Negocios EOI.

Na UDC coordina o grupo de investigación en Recursos Mariños e Pesqueiras. Conta con case un centenar de publicacións en revistas científicas internacionais e dirixiu numerosos proxectos de I+D. Participou na creación de dúas iniciativas empresariais de tipo spin-off (Lonxanet e Fismare) nadas do seu traballo de investigación dentro da universidade.

Actualmente é o director executivo de Fismare, unha empresa especializada na consultoría ambiental e fellow de e-Cultura, empresa dedicada á xestión cultural, o desenvolvemento territorial e os procesos creativos. 

Desenvolve proxectos e consultoría con empresas, administracións públicas e ONGs sobre sustentabilidade e xestión ambiental e sobre o papel da innovación, a estratexia e a tecnoloxía e a cultura dixital en redes sociais e organizacións, especialmente en universidades, empresas e cidades. Colabora co medio dixital Soitu e no pasado con ADN.