Rafael ValcarceRafael Valcarce, presidente de Arteixo Telecom, ven de ser elexido Presidente do Clúster TIC Galicia o pasado mes de febreiro.

Ademáis é Presidente do consello de administración de Shut Nave, S.A., patrón da Fundación GRADIANT (Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia), vicepresidente de INEO (Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación), e presidente do Consello Territorial de Galicia de AETIC (Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións de España).

Licenciouse en Arquitectura Técnica pola Universidade de Madrid, conta cun Master en Dirección de Empresas e Mercadotecnia pola Escola Europea de Negocios e é Técnico de Inspección Inmobiliaria do Ministerio de Economía e Facenda. 

 

A súa carreira profesional está ligada ao mundo das telecomunicacións desde os seus inicios. É socio fundador do Cluster TIC de Galicia e contribuíu á extensión do Servizo Universal de Voz no medio rural de Galicia. En 1991 fundou e creou, xunto con Honorato López Isla, o Centro de Servizos Avanzados de Telecomunicacións de Galicia (CESATEL), sendo conselleiro do mesmo. Cinco anos despois impulsou a refundación da empresa que agora dirixe e que conta xa con máis de 200 traballadores.