Carlota representa un caso de éxito de conciliación familiar e emprendemento. Xunto coa súa socia, Isabel Llorens, decidiron en 1997 levar a cabo o seu propio proxecto empresarial, Rusticae.
Hoxe é unha unha agrupación hostaleira que hoxe en día aglutina máis de 220 hoteis en España, Andorra, Portugal, Marrocos, Arxentina e Chile. Aloxamentos, todos eles, hoteis "con encanto".
Como fundadora de Rusticae, foi Premio á Muller Empresaria 2009, pola Federación de Mulleres Directivas e Empresarias (FEDEPE), e Premio Aster ao mellor Emprendedor de 2008.
O proxecto, sen dúbida, naceu "con encanto" xa que decidiron "brindar experiencias únicas que satisfagan un estilo de vida inspirado na arte de vivir".
Pero Rusticae é algo máis que unha simple marca de hoteis. Rusticae foi capaz de crear un concepto de "boa vida", baseado garantir experiencias inesquecibles a quen elixen pasar momentos especiais nun dos seus hoteis. Son hoteis de tamaño reducido e con decoración consentida que ofrecen un trato personalizado e profesional. Todos están concibidos para brindar experiencias únicas a un hóspede sensible, que busca sensacións ligadas á riqueza cultural, histórica e xeográfica.
O mérito de Carlota é dobre, xa que non só foi capaz de desenvolver con éxito un proxecto destas características senón que o fixo combinándoo coa súa mocidade e falta de experiencia, nos seus comezos, e co seu rol de nai.


