Gustavo Marcos Cancelas é, na actualidade, director xerente de Uninova, unha iniciativa da Universidade e o Concello de Santiago de Compostela para promover a creación de empresas de base tecnolóxica (spin-off) vinculadas aos resultados de investigación da universidade compostelá. Representa unha das primeiras experiencias desta natureza en España.

Dende o seu posto de responsabilidade, ocúpase de promover a creación de empresas innovadoras baseadas en resultados de investigación xurdidos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), colaborando activamente coas institucións relacionadas coa creación de empresas innovadoras e de base tecnolóxica tales como BIC-Galicia, IGAPE ou as axencias de desenvolvemento local, así como establecendo relacións con grupos de investigación universitarios.

 Como membro do programa de creación de empresas da Universidade de Santiago, Uniemprende, colabora permanentemente con outras entidades relacionadas con este programa, en especial coa oficina de transferencia de resultados de investigación da USC e coa sociedade de capital risco UNIRISCO. Está especializado en xestión empresarial, análise de investimentos e tutorización de proxectos empresariais. É consultor de apoio do Comité de IEBTs da Xunta de Galicia. Con frecuencia imparte clases en cursos de posgrao e máster en universidades. Conta con 10 anos de experiencia na tutorización e preparación de plans de empresa de base tecnolóxica e avaliación de proxectos vinculados á área da biotecnoloxía.

Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) realizou o Máster en Administración e Dirección de Empresas da Escola de Negocios CAIXANOVA. Tamén cursou estudos de Ciencias Políticas e Socioloxía na UNED Profesor invitado en diversos másters, cursos de postgrao así como congresos internacionais.