
Profesora do área de finanzas, directora do Master en Asesoría Financeira e Xestión de Patrimonios e directora do European Financial Advisor da Escola de Negocios Caixanova.
Doutora en Economía Financeira pola Universidade Autónoma de Madrid, obtendo o premio extraordinario de doutorado con "Metodologías Value-at-risk para la medición de los riesgos". Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense. Completa a súa formación co Master en Mercados Financeiros do Instituto de Estudos Superiores da Fundación Universitaria San Pablo CEU; Executive MBA pola Escola de Negocios Caixanova; título CEVE de experto en valoración de empresas polo Instituto Español de Analistas Financeiros.
A súa liña de investigación principal céntrase nas finanzas para a empresa familiar, especialmente, diagnóstico, valoración e creación de valor. É autora do libro "El método del caso aplicado a la empresa gallega" (Tórculo), así como de publicacións en revistas especializada e en prensa económica.
Desenvolveu o seu traballo profesional como trader de renda fixa internacional no área de Mercado de Capitais do Banco Santander de Negocios.


