Subdirector Xeral de Apoio á Contratación e a Emprendedores, que se encadra na Dirección Xeral de Promoción de Emprego da Consellería de Traballo.
Conta cunha ampla experiencia en temas relacionados coas políticas activas de emprego da Xunta de Galicia, desempeñando nos últimos anos cargos tan relevantes na materia, como Xefe de Sección de Planificación e Programación de Formación Ocupacional, Xefe de Servizo de Promoción de Emprego ou Xefe de Servizo de Apoio a Emprendedores. Participa habitualmente en numerosos foros, xornadas, cursos e másters universitarios como relator e conferenciante.É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Postgrao De Dirección e Xestión de Cooperativas e Pequenas e Medianas Empresas.


