
Director Comercial en AFIGAL S.G.R. Asiduo ponente en todo tipo de seminarios, presentacións, conferencias, cursos ou master de diversas Institucións.
Gonzalo González Pérez estudou Ciencias Económicas na Facultade de Santiago de Compostela e posteriormente comezou a súa carreira profesional no sector asegurador onde desempeñou diversas funcións directivas durante 7 anos.
Neste sector adquiriu e desenvolveu as súas habilidades comerciais e de formación comercial coa realización de diversos cursos de orixe norteamericana impartidos por "Life Insurance Marketing and Research Association" con sé en Hartford-Connecticut así como polo "Main Event Management "Institute".
No ano 1996 comeza a traballar como Director Comercial en AFIGAL S.G.R. ata a actualidade, o que suman un total de 12 anos no sector das Sociedades de Garantía Recíprocas.
Na súa actividade en Afigal impartiu máis de 50 actividades formativas recollidas no "Aula Financeira Afigal", foron desenvolvidas en colaboración con outros Organismos tales como as Cámaras de Comercio da Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo , Igape, Universidades da Coruña e Santiago, Asociacións Empresariais, Fundaciones, Entidades Financeiras, Concellos, etc., moitos deles relacionados coa cultura emprendedora e os emprendedores en colaboración coa Xunta de Galicia a través do Igape, intervindo en numerosos Foros sobre a cultura emprendedora e outros relacionados co financiamento.
Algúns títulos, a modo de exemplo, destes últimos son:
- Liñas de apoio financeiro á empresa.
- "Financiamento bancario concertado"
- "Curso sobre xestión global dunha microempresa"
- "Custos das operacións e servizos bancarios"
- "A análise de riscos polas Entidades Financeiras"
- "Liñas de axuda ás Pymes"
- ...
Cabe destacar o Master de Banca e Finanzas da Universidade de Santiago (nomeado por 3ª ano consecutivo como o segundo mellor Master español en finanzas detrás do IESE), onde leva impartindo formación desde fai 6 anos como profesor.
Tamén impartiu numerosos seminarios que gozan de créditos universitarios para a libre configuración, nas Universidade da Coruña e Universidade de Santiago a estudantes de diversas licenciaturas.
Impartiu tamén diversos cursos do Instituto Tecnolóxico CAIXA GALICIA, que é a Escola de Negocios desta Entidade.
En xuño de 2007 en Atenas, participou como ponente no Congreso Europeo de Sociedades de Caución Mutua, sendo elixido pola Confederación de Española de Sociedades de Garantía Recíproca como único ponente español. Nesta ocasión expuxo o modelo de Xestión Comercial das Sgr españolas ante os representantes das sociedades europeas do sector.
En outubro de 2007 en Lisboa, participou como ponente no I Foro do Emprendedor dentro das xornadas da Asociación Europea de Caución Mutua, impartiendo un relatorio baixo o título "Xestión Comercial: garantizar el futuro de las Pymes".
Do 27 ao 31 de Outubro de 2008 en Caracas, impartiu a Asistencia Técnica Internacional baixo o título "Comercialización de produtos de Garantía" no marco do Proyecto de Cooperación do Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación de España, baixo a supervisión da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.
Deseñou, organizou e impartiu para a Confederación Española de Sociedades de Garantía Recíproca diversos cursos de Xestión Comercial onde se analizan os avances nos modelos das sociedades, o deseño de novos produtos e os modelos de comercialización destes produtos. Entre estes cursos destacan:
- A Coruña 2004 : "Xestión comercial: avances e novidades"
- Madrid 2006: "Xestión comercial nas SGR"
- Sevilla 2007: "Xestión comercial: ferramentas de apoio e deseño de produtos"
- Murcia 2008: "Innovación na Xestión Comercial"


