
Comezou no Grupo Proxectos no ano 2004. Licenciada en Dereito, actualmente é consultora na área de comercio, onde ademais de facer diversos estudos sobre o sector comercial en diferentes concellos de Galicia, realiza Plans de Mellora Individualizada para establecementos comerciais, así como Diagnoses sobre territorios e organizacións e Plans de Acción.
As súas especializades son os proxectos relacionados coa xestión de asociacións e centros comerciais abertos, asesoramento individualizado ao pequeno comercio, deseño de promocións conxuntas para asociacións de comerciantes, así como formación á xerentes e dependentes de comercio.


