Daniel Ramos

Socio Director Comercial en CORUNET S.L..

Nace na Coruña no mes de Agosto de 1973. Obtén a licenciatura en Ciencias Biolóxicas, especialidade Ambiental na Universidade da Coruña (UDC). Tras unha curta experiencia como docente e traballos como Monitor de Actividades de Tempo Libre para a Xunta de Galicia, funda a súa primeira empresa no ano 2000 chamada CORUNET S.C.P. onde desempeña as tarefas de Socio Director Comercial. No mes de Abril de 2004 constitúe CORUNET S.L. e ocupa o mesmo cargo. Ambas compañías dedícanse a desenvolver proxectos en Internet.

Desde mediados do ano 2002, é Presidente da Asociación Marineda de Novos Empresarios (AJE A Coruña) e da Federación Galega de Asociacións de Novos Empresarios (FEGAXE) e ocupou diversos postos de representación na directiva da asociación sectorial Empresas Galegas Adicadas a Internet (EGANET). Actualmente é Vicepresidente 1º na Comisión executiva da Confederación Española de Asociacións de Novos Empresarios (CEAJE), membro da Xunta Directiva da Confederación de Empresarios da Coruña e de Galicia e vocal no pleno da Cámara de Comercio da Coruña.

En 2004, realiza o Máster Executive MBA de ICADE - Instituto Tecnolóxico Empresarial (ITE-Caixa Galicia). En xullo de 2005, cursa o Programa "Leadership Development Programme" en INSEAD, Fontainebleau, Francia.