
É, xunto con Óscar López, o fundadador de Bilega Enerxía. As inquietudes de Marcos polas enerxías renovables comezaron nunha estancia en Alemaña con motivo dunha bolsa Erasmus. As capacidades, eficiencia e emprego das enerxías renovables en Alemaña impresionáronlle.
Ao rematar a diplomatura de empresariais, seguiu estudando a Licenciatura, pero comezou a traballar nunha empresa, doutro sector, para pór a práctica os coñecementos obtidos na etapa de estudante e obter experiencia real de xestión.En agosto do 2007 crearon Bilega Energía co fin de poder obter informacións que só se ofertan ás empresas.
Con toda esta información desenvolveron un portfolio co esbozo da idea empresarial e presentáronllo á Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación OTRI, da Universidade da Coruña. A intención era crear unha empresa de base tecnolóxica e entrar no programa de viveiros que desenvolve a UDC.
A solicitude foi admitida e entraron no programa de viveiros no ano 2008.
Coa axuda da UDC e en especial da OTRI puideron dar forma ás capacidades que tiñan para desenvolver innovación e tamén no desenvolvemento dun plan de empresa, como elemento director das actividades da empresa.


