Irene Bonet

Irene Bonet, presidenta da Federación de Empresarias de Galicia, é avogada procesalista  e funda en 1.994 MARBO AVOGADOS que é unha firma de servizos xuridicos que ten as súas sedes na Coruña e Arteixo dirixindo un despacho con vocación multidisciplinar orientado ao asesoramento e consultoria, cunha profunda especialización e experiencia na resolución de toda clase de litixios.

No ano 2007 cursa un na Escola de Negocios Caixanova un Master sobre Dirección de Empresas e no ano 2008 Cursos de Especialización Directiva sobre Captación e Fidelización de Clientes e Control de Xestión. E completa a súa formación cunha Especialización en Urbanismo polo Centro de Estudos Financeiros e Curso de Experto en Protección de Datos.

Ao mesmo tempo desde o ano 1.994 está ligada con entidades asociaciativas relacionadas co mundo da muller empresaria como é a Asociación de Empresarias da Coruña; no ano 1999 participa no Consello Galego de Relacions Laborais e o 2 de xuño de 2010 é elixida Presidenta da Federación de Empresarias de Galicia.