Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2010.- Destacados expertos en asesoramento empresarial, así como empresarios e emprendedores de éxito compartirán a súa visión e experiencia persoal nesta nova edición. Joshua Novick, conselleiro delegado da empresa de mercadotecnia dixital Antevenio, única compañía de Internet española que cotiza en bolsa (Alternext, París) será o poñente estrela da sesión plenaria da xornada. Luis Pedrahita, guionista de cine e televisión, presentará a xornada cunha reflexión diferente sobre as empresas, a crise e os emprendedores.
Dentro da liña temática “Oportunidades para emprender” terán lugar diferentes mesas redondas e talleres prácticos que achegarán experiencias e consellos de prestixiosos expertos do ámbito da empresa. O taller “Marketing con poucos recursos” estará dirixido por Antonio Más, un dos especialistas en Internet e comercio electrónico máis reputados, quen dará claves para dar a coñecer e posicionar unha marca sen necesidade de grandes inversións. Na mesa redonda “segundas oportunidades para emprender, consellos de empresarios de éxito”, participará a empresaria Carlota Mateo, e contará cun moderador de excepción, Jorge Alcalde, director da revista QUO, un dos xornalistas científicos máis importantes do noso país.
A V edición do Dia do Emprendedor contará tamén con importantes expertos en financiación, entre eles Manuel Romera, Director do Sector Financeiro e Profesor de Dirección Financeira no IE, participará na mesa “A financiación + alá dos bancos”, onde explicará vías alternativas para lograr finanzamento de proxectos emprendedores. Outra das liñas temáticas deste ano versará sobre negocios tecnolóxicos. Gilberto Sánchez, Director Editorial de Virtual Toys e Secretario Xeral do DEV, Asociación Española de Empresas Produtoras e Desarrolladoras de Videoxogos e Software de Entretemento Profesional, compartirá os seus coñecementos como emprendedor e como gran coñecedor dos negocios tecnolóxicos do noso país.
No apartado de ocio, o ilusionista Pedro Volta realizará trucos de maxia ao longo da xornada.
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e BIC Galicia, organismos dependentes da Consellería de Economía e Industria, están a rematar os últimos detalles para o Día Galego do Emprendedor, que se desenvolverá no Pazo de Congresos de Santiago o próximo 16 de xuño. O principal obxectivo desta xornada, promovida conxuntamente co MITyC, é ser de verdadeira utilidade para os emprendedores, tanto para aqueles que teñen un proxecto e precisan de apoio para poñelo en marcha, como para aqueles outros que buscan segundas oportunidades para facer crecer o seu negocio.
Na edición de 2010, a quinta da iniciativa “Emprendemos juntos” promovida a nivel estatal polo MITyC, farase fincapé no financiamento e na eficiencia empresarial, pero tamén na creatividade, no coñecemento e na tecnoloxía como claves para sacar adiante, en tempos de crise, unha idea de negocio con futuro
Segue o Día do Emprendedor nas redes sociais
Por primeira vez, o Día do Emprendedor de Galicia poderá ser seguido a través das redes sociais. As novidades do encontro estanse a comunicar no seu espazo en Facebook en Linkedin e en Twitter.
Ademais, a xornada será retransmitida a través de Twitter para todos aqueles emprendedores que non podan achegarse a Santiago.
Facebook:http://www.facebook.com/pages/Santiago-De-Compostela-Spain/Dia-do-Emprendedor-Galicia/114269515272446?ref=ts
Twitter: http://twitter.com/emprendedor_gal
Linkedin:http://www.linkedin.com/profile?viewProfile=&key=74834017&locale=es_ES&trk=tab_pro :


