
É Doutora en Dereito pola Universidade de Módena. Desde 2006, colabora co think tank Infonomia.
Foi Directora de Conta, de Servizo a Cliente e de Desenvolvemento de Negocio na axencia de publicidade Benton & Bowles (que cambiou sucesivamente a sua denominación en DMB&B e logo D'Arcy), onde chegou a ser Directora Mundial de servizos a cliente, desenvolvendo proxectos en Italia, Francia, España, UK, Irlanda, Turquía, Grecia, Finlandia, Portugal, Marruecos, Egipto, Brasil e Arxentina.
Foi Conselleira Delegada da axencia Ogilvy & Mather de Roma de 1997 a 1999, e de 1999 a 2006 foi Conselleira Delegada e Vicepresidenta da axencia Saatchi & Saatchi España, e membro do Board Europeo.
Desde 2006, colabora co think tank Infonomia. Fundada fai 10 anos polo celebre consultor catalán Alfons Cornella, Infonomia axuda ás empresas a innovar, instalando unha cultura inspiradora e métodos novos de traballo a través de varios eventos, seminarios e ferramentas, unha páxina web, e a edición de libros, a maioría baixo o sistema de Creative Commons. Con Alfons Cornella, Antonella idea, crea e presenta desde fai dous anos o produto Update, unha posta ao día en forma de evento de dúas horas, para executivos e emprendedores sen tempo que perder, sobre todas as experiencias punteiras en términos de innovación empresarial, ciencia e tecnoloxía, que apareceron no mundo durante un semestre: UPDATE, que naceu en formato xeralista, hase despois diversificado e agora preséntase de forma especifica para Turismo, Cidades, Universidades, Innovación Social e outras contornas. UPDATE está sendo presentado en viras por España e Latino América a audiencias de varios miles de persoas.Ademais Antonella estuda os fenómenos da web 2.0, e os explica a diferentes públicos, como bancos, empresas farmacéuticas, universidades, axencias de publicidade e asociacións de emprendedores.
É consultora para unha serie de produtos editoriais relacionados cos negocios e a xestión, escribe un blog literario e colabora cos seus artigos con diferentes medios on e off line.

















Director de Operacións da Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e Ourense, SOGARPO, S.G.R.











