pon os teus soños a traballar

Día do Emprendedor 2010 

Programa do Día do Emprendedor 2010

 Grazas a tod@s pola vosa participación

Pedro Volta

Luis Pidrahita

Carlos Barrabés

Carlos Barrabés pasou os últimos doce anos dirixindo Barrabes Esquí Montaña, unha tenda especializada en material deportivo de montaña en Benasque (Huesca) e desde 1996 dedícase exclusivamente aos negocios en Internet.

Determinado a permanecer en Benasque, localidade pirenaica de apenas 1.000 habitantes, Carlos Barrabés explotou a súa experiencia e know-how no mundo da montaña e o esquí para ofrecer unha ampla gama de servizos aos seus consumidores a través de Internet. A Web, concibida orixinalmente como un catálogo online, deu paso a principios de 1999 a todo un portal de información e comunidade deportiva de montaña. Hoxe en día, as súas páxinas reciben 2.000.000 de consultas ao mes, e unha media de 7.000 visitas diarias non deixan lugar a dúbidas: Barrabes.com é o portal en lingua castelá líder absoluto en temas de outdoor e montaña en Internet.

Actualmente, Carlos Barrabés dirixe Barrabes Internet S.L. desde o seu establecemento en agosto de 2000 e é tamén o promotor de WALQA, centro de excelencia en Internet, localizado en Huesca. Este centro, que conta co apoio do goberno de Aragón e importantes socios tecnolóxicos tales como Microsoft, Cisco Systems, Intel, Hewlet Packard, BSCH, DHL e Telefónica Data, ten como principal obxectivo converterse nun polo de innovación e I+D, especialmente nas tecnoloxías da información, internet e comercio electrónico.