PDF Dia do emprendedor

Día do Emprendedor 2009

 

O dia 19 de Maio, celebrouse a cuarta edición do Dia do Emprendedor.

Consulta os resumos das ponencias, presentacións dos relatores e vídeos das distintas sesións.

Nos próximos días iremos subindo estes contidos

Titulado como Deseñador Industrial e cofundador de FrutoDS.

Titulado como Deseñador Industrial pola puxante Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol.

Logo de diversas experiencias laborais funda FrutoDS, xunto cos seus socios Antonio Parcero e David Dopacio. FrutoDS é unha iniciativa pioneira ao ser un dos primeiros gabinetes especializados en ofrecer servizos de deseño industrial en Galicia. Tras case catro anos de actividade desenvolveron diversos proxectos para empresas galegas como Finsa, Pumade, Rodman, Electromecánicos Viveiro, Cabinas Lagos ou Formato Verde.

Esta iniciativa empresarial contou desde o principio co apoio da Cámara de Comercio de Ferrol, a través do seu Vivero de Empresas.

Por outra banda, forma parte como socio da DAG (Asociación Galega de Diseñadores), asociación que pretende impulsar o deseño galego.