Pedro Volta
Luis Pidrahita
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2010.- Galicia ten unha destacada canteira de novos emprendedores que apostan por abrirse camiño nos negocios con base tecnolóxica. Mostra delo son as seis empresas galegas que Iniciador Galicia, a comunidade de emprendedores de base tecnolóxica máis influinte do noso país, presentará na V Edición do Día do Emprendedor, que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro 16 de xuño.
Martín Pérez, xerente de Jobset, unha compañía que se dedica ao desenvolvemento de software para empresas de selección e departamentos de recursos humanos; Andrés Ribera, cofundador de Ipoki, un servizo de localización gratuíto que serve para compartir a túa posición ou Jacobo Lázare, fundador de Bido Bido, a súa segunda experiencia tras Disco Azul, unha web de venda de videoxogos e consolas que se converteu na referencia do sector en España e que está entre as tres principais webs europeas; estarán na mesa “Startups galegas”. Ademais, a mesa contará tamén coa presenza de Adrián Mato, cofundador da empresa Erasmusu e da empresa de desenvolvemento tecnolóxico Cokidoo; Frankie Gómez, CEO de Confirmsing, unha empresa de certificación e rexistro documental en soporte dixital e Iván Gómez, CEO de Classora, una plataforma intelixente para o almacenamento e xestión de datos. Todos eles presentarán o seu proxecto e a súa evolución no mercado.
A mesa estará moderada por Marina Zaliznyak, colaboradora de Techcrunch Europe, o blog de referencia sobre empresas e produtos relacionados con internet e Manuel Cerqueiro, director de Galinus, unha empresa de desenvolvemento web, e forma parte do equipo directivo de EGANET (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet).
Iniciador é unha comunidade de emprendedores do ámbito das novas tecnoloxías que reúne todos os meses nalgunha das diferentes cidades galegas a empresarios, enxeñeiros, docentes e interesados polas novas tecnoloxías e o emprendemento.
O principal obxetivo desta iniciativa é dar a coñecer algunas das empresas más interesante e máis relevantes do ámbito da internet en Galicia e por en relación a emprendedores nun foro onde poidan coñecerse, intercambiar experiencias e captar financiamento.
Máis información:
Luisa Rodríguez/Esther Paredes
Tel. 981 93 67 59
Móvil: 690 73 51 73


Día do Emprendedor 2010 












