A xornada estivo organizada pola Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e BIC Galicia, en colaboración co Mityc. Ademáis, o acto contou coa participación de moitas das organizacións que traballan en Galicia no eido do emprendemento. A sesión plenaria foi inaugurada polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, que declarou que "o fenómeno emprendedor é unha das poucas opcións" para saír adiante nun momento de crise económica como a actual, e asegurou que “ningunha boa idea quedará sen apoio". Neste sentido, afirmou que se vai habilitar un novo fondo de capital risco, o Xes-Innova Xove, dotado de 2 millóns de euros, para impulsar o financiamento de novos proxectos, “especialmente os promovidos por novos empresarios innovadores”.
Joshua Novick, fundador de Antevenio, explicou cómo a crise pode converterse no mellor aliado dun emprendedor e puxo o seu propio caso como exemplo: Antevenio é unha compañía que nace na trastenda dun local de corbatas, con escasos recursos e en época de crise, pero que, a día de hoxe, está presente en más de catro países e cotiza na bolsa de París. Gerado García Alvela, Director Xeral de Itelsis, presentou un decálogo de consellos, extraídos da súa propia experiencia, co obxetivo de animar os presentes a iniciar novos proxectos empresariais no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.Todos eles foron presentados polo cómico Luis Piedrahita, quen reflexionou nun monólogo sobre a actividade emprendedora, os empresarios e a crise.
A xornada desenrolouse través de sete liñas temáticas, nas que se abordaron todas as etapas polas que atravesa un proxecto empresarial, dende o momento de trasladar unha idea a unha realidade ata sair fora como alternativa para topar novos nichos de mercado. Na mesa “Cómo romper o cascarón” na que participou Marcos Balboa (Bilega Enerxia) e Lucia Novelle (Ingeo), contaron como viviron o seu inicio como emprendores. Nesta liña, Carlota Mateos, cofundadora de Rusticae, e Iván Pardiñas, co-fundador de Nanogap, deron consellos dende a súa experiencia como empresarios de éxito e falaron da importancia das segundas oportunidades para emprender.
Non só ter unha idea e importante, conseguir financiamemto para pola en marcha e un dos principais obstáculos aos que se enfrontan os emprendedores. Manuel Romera, Director do Sector Financieiro do IE, expuso diferentes alternativas que existen no mercado para conseguir apoio económico. Os empresarios galegos Rafael Valcarce, Enrique Villaverde e Jose Manuel Iglesias falaron da importancia que tivo a internacionalización para os seus negocios, como vía de explorar outros mercados e buscar novos nichos onde dar saída os seus produtos.
Ademais, a V edición do día do Emprendedor contou por primeira vez coa colaboración da comunidade Iniciador Galicia, na que participaron xóvenes emprendedores galegos como Martín Pérez (Josket), Andrés Rivera (Ipoki), Jacobo Lázare (Bidobido.com), Frankie Gómez (Confirmsign) e Iván Gómez (Classora). Todos eles compartiron os seus proxectos empresariais, baseados nas novas tecnoloxías, así como os desafíos aos que, día a día, se teñen que enfrontar. Paralelamente, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Inovación Educativa entregou os premios 'FP Idea', deseñado para incentivar e premiar os proxectos empresariais e as mellores ideas innovadoras ou emprendedoras realizados por alumnos de FP de toda Galicia.
Non só ter unha idea e importante, conseguir financiamemto para pola en marcha e un dos principais obstáculos aos que se enfrontan os emprendedores. Manuel Romera, Director do Sector Financieiro do IE, expuso diferentes alternativas que existen no mercado para conseguir apoio económico. Os empresarios galegos Rafael Valcarce, Enrique Villaverde e Jose Manuel Iglesias falaron da importancia que tivo a internacionalización para os seus negocios, como vía de explorar outros mercados e buscar novos nichos onde dar saída os seus produtos.
Cornes e liñas de asesoramento
Este ano reforzouse o servizo de apoio a emprendedores, a través das zonas de asesoramento con expertos, para aqueles empresarios que queren madurar ou poñer en marcha o seu proxecto empresarial.
O Dia do Emprendedor
O Día do Emprendedor, organizado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, organismos dependentes da Consellería de Economía e Industria, en colaboración co Mityc, ten por obxetivo ser de verdadeira utilidade para os emprendedores, tanto para aqueles que teñen un proxecto e precisan de apoio para poñelo en marcha, como para aqueles outros que buscan segundas oportunidades para facer crecer o seu negocio.







