Te lo twiteamos

  • Emprender é un reto e parece que máis en tempos de crise. Sen embargo, sempre é máis fácil se as novas ideas teñen un espazo onde ser expostas, onde compartirse, onde atopar apoio. Iso pretende o Día do Emprendedor 2010, que ano a ano se consolida como unha cita imprescindible para apoiar o tecido empresarial galego.
  • Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2010.- Na linguaxe china o símbolo de crise é o mesmo que o de oportunidade e entorno a esta idea estrutúranse dúas das liñas de análise das xornada: oportunidades para emprender e a internacionalización como segundo emprendemento.

    Para aqueles que se inician na aventura tense preparado onde coñecer as posibilidades que ofrecen os viveiros de empresas a través das experiencias doutras empresas, como Ingeo ou Bilega Enerxía, que comezaron alí a súa andadura. Tamén as posibilidades que ofertan as franquías, a través dun obradoiro onde participarán empresas como Ofiprecios ou Clean and Clear. Unha vez comezado o camiño, é fundamental saber colocar os produtos ou servizos que se ofertan; para iso, Antonio Mas, un dos gurús da mercadotecnia e vicepresidente da Asociación Española de comercio Electrónico e Marketing Relacional, impartirá o taller de creatividade empresarial “Marketing con poucos recursos”. Tamén son importantes as capacidades de xestión de equipos, para o que se contará coa colaboración de APD nunha mesa de habilidades directivas integrada por Elías Pérez de Quiobis Networks ou Jorge González de Isonor Quality. Ademais, emprendedores como Carlota Mateos de Rusticae ou Iván Pardiñas de Nanogap contarán, de primeira man, a súas experiencias ao fronte de empresas que eran só ideas hai tan só uns anos.

    Mirar a fora pode ser un xerme dun negocio ou unha oportunidade cando o mercado local mostra síntomas de esgotamento. Sobre iso, reflexionarán, nunha mesa titulada “A internacionalización no ADN do emprendedor” os directores xerais de tres empresas que teñen dado o salto internacional: Eurolatón –Enrique Villaverde-, Galopín -José Manuel Iglesias- e Arteixo Telecom -Rafael Valcarce-. Ademais, farase un percorrido polas axudas públicas existentes así como polo Programa Erasmus para Emprendedores. Este ano tense reforzado o servizo de apoio a emprendedores, a través das zonas de asesoramento con expertos, para aqueles empresarios que queren madurar ou poñer en marcha o seu proxecto empresarial.

    O Dia do Emprendedor

    O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e BIC Galicia, organismos dependentes da Consellería de Economía e Industria, están a rematar os preparativos para o Día Galego do Emprendedor, que se desenvolverá no Pazo de Congresos de Santiago o próximo 16 de xuño. O principal obxectivo desta xornada, promovida conxuntamente co MITyC, é ser de verdadeira utilidade para os emprendedores, tanto para aqueles que teñen un proxecto e precisan de apoio para poñelo en marcha, como para aqueles outros que buscan segundas oportunidades para facer crecer o seu negocio. A inscrición é gratuita e pode realizarse a través da web do Día do Emprendedor http://www.diaemprendedor.com.

    Segue o Día do Emprendedor nas redes sociais

    Por primeira vez, o Día do Emprendedor de Galicia poderá ser seguido a través das redes sociais. As novidades do encontro estanse a comunicar no seu espazo en Facebook, en Linkedin, e en Twitter. Ademais, a xornada será retransmitida a través de Twitter para todos aqueles emprendedores que non podan achegarse a Santiago.

     

    Máis información:

    Luisa Rodríguez/Esther Paredes
    Tel. 981 93 67 59
    Móvil: 690 73 51 73