Relatores Lugo

Toda a experiencia profesional de David Bello estivo sempre ligada ás telecomunicacións, nun principio, e á converxencia coa informática e internet nesta ultima etapa. Na actualidade é CEO de Webphone. Con anterior estivo á fronte de Ipglobal tras rabajar na central de Telefónica en Madrid, como responsable de grandes clientes e do desenvolvemento de produtos tecnolóxicos.

Dende a súa fundación en 2010, Webphone foi merecedora de varios recoñecementos, entre eles, o premio de Seedrocket 2010, finalista premio Awards en Expo eCommerce 2010 Madrid e Premio Innova-GR, mellor idea de negocio 2.0 e mellor Start-up galega.

Robert Bodegas

Estudou Arquitectura na Universidade da Coruña, e despois do primeiro ciclo continuou a súa formación como interiorista. A comezos da década de 2000, demostrou os seus dotes para o humor actuando en varias salas de España e gañando diferentes certames de monólogos. En 2005 montou o seu primeiro espectáculo, titulado "Un día horrible", e foi o coautor de “Gazapos”, unha obra representada por Manicómicos.

A súa timidez ante as cámaras non foi un obstáculo para presentarse aos cástings de "El Rey de la comedia", sendo seleccionado xunto a outros 19 finalistas dun total de 2000 aspirantes. O seu acento galego e as súas bromas sobre iogures ou comedores universitarios gustaron ao público, que o elixiu como vencedor da primeira edición do concurso.

A raíz da súa vitoria en "El rey de la comedia", en 2007 estreou o seu segundo espectáculo, "Imos deixarnos de hostias", e en 2008 o terceiro, “O día no que empecei a odiar os iogures e outras desgracias”. Ademais, en 2008 foi fichado por La Sexta para "Sé lo que hicisteis... ". En paralelo, mantén unha xira de actuacións en solitario e participa na comedia teatral "Contamos contigo".

En 2010 publicou na editorial compostelá Auga Editora publicou "Novidades, recordos, artigos de coña", prologado polo seu compañeiro de programa Ángel Martín e con ilustracións de Sergio Kozlov.

keina_webActualmente é socia fundadora do proxecto www.sientegalicia.com, e traballa como responsable de Mercadotecnia, Deseño e Comunicación. Dende ao ano 2002, foi responsable de mercadotecnia e comunicación en varias empresas. Keina é licenciada en mercadotecnia e dirección empresarial, deseñadora gráfica publicitaria e graduada en comunicación empresarial.

Rodolfo GonzalezLicenciado en Dereito e diplomado en Dereito Comunitario pola Universidade San Pablo CEU de Madrid. Técnico superior en Relacións Laborais (Consello Galego de Relacións Laborais) e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais. Na actualidade é Coordinador de actividades e Xerente do Centro de Iniciativas Empresariais (Viveiro de Empresas) da Fundación CEL creado no ano 1999 coa finalidade de apoiar na provincia de Lugo a posta en marcha e consolidación de novos e innovadores proxectos empresariais.

raul_ordonez_web

Responsable de negocio e comunicación de Bitacoras.com, a maior rede social de bloggers en español. Como economista e emprendedor, desenvolveu a súa profesión en campos como a auditoría de contas, o comercio internacional ou a organización de eventos. Apaixonado do mundo das novas tecnoloxías, Internet, os blogs e as redes sociais, a comezos de 2004 crea “Diario de Nunca Jamás”, o blog que mantén dende entón. En Bitacoras.com encárgase de desenvolver negocio e xestionar a comunicación ao exterior con usuarios e empresas. Tamén é colaborador de diario ABC e organizador do prestixioso evento sobre Internet e Tecnoloxía "interQué".

Mantén unha intensa actividade como relator en diferentes congresos e eventos do sector como “Iniciador Galicia”, “Foro Internet Meeting Point”, as “Jornadas de Informática” da Universidade Europea de Madrid, as “Jornadas de Blogs y Medios de Granada” ou “Evento Blog” España en Sevilla.

Comezou a súa andadura profesional na aula de productos lácteos da Universidade de Santiago de Compostela. Tra-lo seu paso polas epresasa García Baquero e Lácteos e Sueros de Galicia, hoxe ocupa o posto de director xeral de Innolact

É enxeñeiro Técnico Agrícola na especialidade de Industrias Agrarias pola Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Agrícola de Lugo, e Enxeñeiro Agrónomo especialidade Industrias Agroalimentarias pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría Agraria de Lleida.

Director da Rede de Business Angels InnoBAN. Licenciado en Ciencias Empresariais, master en Dirección de Empresas por ICADE e posgrao en Xestión da Innovación. No ano 2000 incorporouse ao programa de promoción de empresas Uniemprende da Universidade de Santiago. No ano 2008 promoveu a creación da rede de business angels InnoBAN, Rede de Investidores Anxo para a Innovación.

Membro da Xunta Directiva de AEBAN, a Asociación Española de Business Angels Networks. Participou na concepción e a primeira fase do proxecto europeo "Ready dor Equity" para a elaboración de dous currículos formativos; un para business angels e outro para preparar aos emprendedores a obter diñeiro de investidores privados.

Gonzalo González PérezGonzalo González Pérez estudou Ciencias Económicas na Facultade de Santiago de Compostela e posteriormente comezou a súa carreira profesional no sector asegurador onde desempeñou diversas funcións directivas durante 7 anos.

Neste sector adquiriu e desenvolveu as súas habilidades comerciais e de formación comercial coa realización de diversos cursos de orixe norteamericana impartidos por "Life Insurance Marketing and Research Association" con sé en Hartford-Connecticut así como polo "Main Event Management "Institute".

No ano 1996 comeza a traballar como Director Comercial en AFIGAL S.G.R. ata a actualidade, o que suman un total de 12 anos no sector das Sociedades de Garantía Recíprocas.

É asiduo relator en todo tipo de seminarios, presentacións, conferencias, cursos ou master de diversas Institucións por toda Europa.

Jacobo LázareJacobo creou en 2003 a súa primeira empresa DiscoAzul, unha web de venda de videoxogos e consolas que se converteu na referencia do sector en España e está entre as tres principais webs europeas. A principios de 2009 e despois de case un ano de traballo, Jacobo e o seu equipo lanzaron BidoBido.com, a súa segunda aventura empresarial.

Licenciada en Ciencias Económicias pola USC, cursou o postgrao "Especialización en Xestión e Dirección Comercial de Cooperativas e PEME" na Facultade ADE do Campus de Lugo.

Na actualidade traballa no oficina territorial do IGAPE en Lugo e foi representante da CEG no Encontro Ambiental en Nuremberg e representante da Asociación de Ebanistaría de Lugo no Encontro Comunitario en Bruxelas ao abeiro do Proxecto Furniture.
Desde outubro de 2010, é a Directora Xeral de BIC Galicia, organismo da Xunta de Galicia. Maite Cancelo provén do eido universitario onde é profesora titula da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Foi Decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e vicepresidenta da Conferencia Española de Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE).
É o director xerente da Federación Galega de Xoves Empresarios e membro do comité de Investimentos do Fondo Xes Innovaes. Está licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña e Máster en Asesoría Fiscal e Tributación polo Centro de Estudos Financeiros (C.E.F.).

Con anterioridade foi responsable do Departamento Técnico de Proxectos e área de emprendedor: PAIT (Punto de Asesoramento e Inicio de Tramitación) de SRL e SLNE, e técnico de emprego na Asociación Marineda de Jóvenes Empresarios da Coruña e na Federación Galega de Mulleres Empresarias. Ademais ejercio como Secretario Xudicial e avogado no despacho Nieto&Asociados.

manuel_lolo_webNa actualidade é o director xerente de AMSlab Laboratorio de Análise. Empezou a súa andaina profesional e investigadora no Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos na Facultade de Veterinaria de Lugo, e desempeñou un posto como enxeñeiro especialista de aplicacións no grupo de soporte LCMS do sur de Europa en Applied Biosystems.

Foi relator en numerosos simposios nacionais e internacionais ao tempo que participou en artigos publicados polas máis prestixiosas publicacións especializadas.

Licenciada en Ciencias Políticas, a súa paixón sempre foi o desenvolvemento local. Empezou a súa traxectoria profesional como técnica de emprego na Administración Pública para pasar a ser asesora e formadora na empresa privada. Do traballo por conta allea a empresaria por conta propia. Do emprendemento ao turismo. Fátima Rodríguez di que a creatividade e as sinerxías son os seus retos do día a día.
Licenciada en Ciencias Políticas, exerce como consultora e coordinadora de equipos e proxectos de desenvolvemento e turismo. María Mesías afirma que procesos, metodoloxías, racionalidade e sistematización da creatividade son as ferramentas que guían a mellora continua do seu traballo diario.

Chévere é unha compañía de teatro con máis de 20 anos de traxectoria. Neste tempo, converteuse nun dos grupos de teatro máis populares e queridos de Galicia, sorprendendo ao público non só co seu peculiar sentido do humor, senón tamén cunha estética e un estilo propios e moi recoñecibles. Aínda que mantén un núcleo estable (Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron), Chévere caracterizouse por incorporar aos seus proxectos a numerosos profesionais de distintas procedencias xeográficas e creativas, convertíndose nunha auténtica canteira teatral.

Ademais do seu labor especificamente teatral, recoñecido dentro e fóra de Galicia, Chévere vén colaborando desde hai anos en distintos proxectos de divulgación científica, promoción económica (emprendedores e comercio) e turística promovidos pola Xunta de Galicia e outras entidades públicas e privadas. Baste citar as experiencias teatrais realizadas para a divulgación da nanotecnoloxía, a colaboración estable cos Museos Científicos Coruñeses, o proxecto Escapárate de promoción do comercio de proximidade a través do teatro, os traballos dirixidos a emprendedores feitos en colaboración con BIC Galicia, ou as iniciativas para sensibilización sobre temas de igualdade e xénero dirixidas a mulleres, feitas en colaboración co Servizo Galego de Igualdade.

CIFP Rodolfo Ucha.