Licenciado en Dereito e diplomado en Dereito Comunitario pola Universidade San Pablo CEU de Madrid. Técnico superior en Relacións Laborais (Consello Galego de Relacións Laborais) e técnico superior en Prevención de Riscos Laborais. Na actualidade é Coordinador de actividades e Xerente do Centro de Iniciativas Empresariais (Viveiro de Empresas) da Fundación CEL creado no ano 1999 coa finalidade de apoiar na provincia de Lugo a posta en marcha e consolidación de novos e innovadores proxectos empresariais.

