Itinerario: Emprendendo.

13:15-14:15: Emprender en tempos de crise.

Relatores: Maite Cancelo (Directora de BIC Galicia), Guillermo Gonzalo Nieto (Director-Xerente Fegaxe-AJE Galicia) e Manuel Lolo (Xerente de Ams Lab) 

Resumo: Na mesa “Emprender en tempos de crise” estarán Maite Cancelo, Directora de Bic Galicia e Guillermo Gonzalo Nieto, Director-Xerente da Federación Galega de Xóvenes Empresarios, abordarán as diferentes liñas de axudas e servizos das que dispoñen estes organismos para apoiar a todas aquelas persoas que ven na crise unha oportunidade para emprender. A experiencia empresarial correrá a cargo de Manuel Lolo, xerente de Ams LAb.

Nesta presentación amósase o caso de AMSlab, unha empresa pioneira en Galicia que iniciou a súa actividade xusto no comezo da crise económica. Presentarase, por un lado a experiencia de iniciar unha actividade pioneira en Galicia, cales foron e son as vantaxes e desventaxes e por outro lado cómo se abordaron os problemas derivados da crise económica. Por último cómo podemos sacar proveito da crise as empresas de servizos tecnolóxicos.