Itinerario: Emprendendo.

09:30-10:30: Emprendendo dende Lugo

Presenta: Rodolfo Ojea (Coordinador Fundación CEL)

Relatores:Raúl Ordoñez (Responsable de Negocio e Comunicación Bitacoras.com), Jesús Zapico (Director Xeral Innolact), Keina González (responsable de Marketing e Comunicación sientegalicia.com)

Resumo: Lugo ten unha destacada canteira de empresarios que amosan día a día que non só é posible ser un referente no ámbito provincial, senón tamén no marco de toda Galicia e a nivel nacional.

Boa mostra disto son as empresas lucenses que participarán na mesa “Emprender dende Lugo”. Así, Raúl Ordóñez, responsable de negocio e comunicación de Bitacoras.com, contará como esta rede converteuse, en pouco tempo, no punto de encontro máis importante para os bloguers hispanos, con máis de 300.000 usuarios.

Jesús Zapico, Director Xeral de Innolact, compartirá a súa experiencia: transformar un proxecto nacido ao abeiro da Universidade de Santiago de Compostela, na primeira empresa láctea galega especializada na fabricación de queixo crema e a primeira láctea galega cualificada como empresa de base tecnolóxica. Tamén Keina González, socia fundadora de SienteGalicia.com, falará de como puxeron en marcha este portal de venta online  de escapadas, vacacións e experiencias de ocio, especializado na comunidade galega.

A mesa estará moderada por Rodolfo Ojea, coordinador da Fundación CEL, entidade que defende dende Lugo que a liberdade de emprender é imprescindible como elemento de equilibrio nunha sociedade de liberdades.