Itinerario: Emprendendo.

10:30-11:15: Financiamento de proxectos emprendedores.

Presenta: Cristina Sanz (IGAPE).

Relatores: Luis Fernández (Director da Rede de Business Angels InnoBAN), Luis Gonzalo González (Director Comercical de AFIGAL), Jacobo Lazaré (Emprendedor e Business Angel)

Resumo: Durante a xornada tamén se tratará uns dos temas que preocupa a todos aqueles que están pensando en montar un negocio: o financiamento. Neste sentido, expertos como Jacobo Lázare, emprendedor e business angel; Luis Gonzalo González, director comercial de AFIGAL, e Luis Fernández, director da rede Business Angels InnoBAN, exporán algunhas claves para pór en marcha unha empresa con certas garantías de éxito.  

Tamén se detallarán que conceptos determinan a viabilidade da empresa e que é o que estudan as Entidades Financeiras para conceder ou non o financiamento; sector de actividade, localización do proxecto, competencia, perfil do promotor, viabilidade económica, importe congruente da operación, garantías desta e a "saída honrosa" ou plan B por se falla algunha das anteriores variables.

Expoñeranse exemplos reais de casos tanto de éxito coma de fracaso, así como exemplos de proxectos que actualmente presentan escasa viabilidade e outros que si poden ser viables.

Na mesa, moderada por Cristina Sanza, do IGAPE, expoñeranse exemplos reais de casos tanto de éxito coma de fracaso, así como exemplos de proxectos que actualmente presentan escasa viabilidade e outros que si poden ser viables.